O 25 de Marzo remata a inscrición do Xanela Aberta ao Sur

O programa Xanela Aberta ao Sur ten como obxectivo principalHorta_MST_BrasilBaixa sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdes entre o Sur e o Norte Global. Este será a 11ª edición do programa polo que xa levan pasado unhas 900 persoas, buy cialis das que visitaron países do Sur case 200.

O programa desenvólvese en tres fases diferenciadas: FORMACIÓN, no rx VIAXES E AVALIACIÓN-DIFUSIÓN. O primeiro paso do Xanela son as xornadas de formación que no decorrir do anos aumentaron de dúas sesións ás catro sesións actuais. Estas xornadas están adicadas ó traballo en grupo e ó achegamento teórico a conceptos relacionados coa cooperación e a solidariedade, seek como poden ser a Soberanía Alimentar, O comercio Xusto ou a denuncia das políticas económicas internacionais.

As persoas que asiten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de acceder a algún dos grupos que nos meses de verán viaxarán coas organizacións parceiras de Amarante. Os destinos visitados polas participantes do Xanela Aberta ao Sur son: Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita) e Marrocos coa Asociación Attawassoul. O obxectivo destas viaxes é poder compartir durante un mes a vida das persoas integrantes das organizacións e aprender de primeira man como se organizan e cales son as dificultades coas que se atopan.

 

As Xornadas de Formación darán comezo o 27 de marzo sendo a programación completa a que segue:  

    • I Xornada Formativa. 27 de Marzo. Compostela
    • II Xornada Formativa. 17 e 18 de Abril. Rianxo
    • III Xornada Formativa. 22 de Maio. Compostela
    • IV Xornada Formativa. 29 de Maio. Compostela

Durante todo o proceso do Xanela Aberta ao Sur mantemos activo o blog http://amaranteong.org/xanela/ no que se poden consultar as datas das formacións, resolver dúbidas ou ben visitar experiencias de anos pasados.

Para poder realizar a inscrición no programa Xanela Aberta ao Sur hai que dirixirse ó enderezo electrónico educacion@amaranteong.org ou ben ó teléfono 886 111 327.

You may also like...