Amarante e Verdegaia botan peche ao ciclo de cine “Coñecer para Cambiar”

O vindeiro xoves 11 de marzo as 20:30hs proxectarase a derradeira das películas do ciclo de cine que as dúas asociacións vela-dignidad-05ñen organizando no local que comparten en Compostela.

Nesta ocasión, view a película escollida é “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, nurse 2005), cialis un documental onde queda recollida a reacción popular ao corralito arxentino: comedores populares, piquetes, recuperación de fábricas, traballo solidario en hospitais públicos…

A finais de xaneiro deste ano 2010, as organizacións Amarante e Verdegaia decidiron poñer en marcha unha actividade coa que poder abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais, empregando a linguaxe audiovisual como unha xanela para achegarnos a esas realidades. Coñecimos algunhas das claves da publicidade comercial co documental “Gran Superficie”; despois descubrimos o negro negocio do café con “Black Gold”; “Nuestro pan de cada día” amosounos o que nunca se amosa da industria gandeira e alimentaria; “China Blue” adentrounos nas fábricas textis; “O Mundo según Monsanto” debuxou a aterradora historia dos transxénicos; con “Life and debt” quedou á vista o papel do FMI e o BM na globalización capitalista; e con “Estamira” viaxamos ás cidades do lixo, ocultas aos ollos dos seus habitantes…

Entendemos que coñecer e comprender as causas dos problemas que afectan a sociedades tanto do Norte e do Sur, representan o primeiro paso para o cambio persoal e social. Con este ciclo, quixemos ofrecer á cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas nun clima ameno e distendido e, á vista da nutrida participación -máis dun centenar de persoas pasaron polas oito proxeccións- e os interesantes debates post-filmes, pensamos que, cando menos nunha parte, conseguímolo.

Este xoves voltaremos a xuntarnos no noso local da Avda. Romero Donallo, nº 17 para compartir a derradeira das películas deste ciclo e a combater o frío cun chocolate de comercio xusto (non esquezades traer as vosas cuncas!).

Desta volta contaremos cunha participación moi especial: Pablo Carro, compañeiro que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina e profesor na Universidade de Córdoba, conducirá un coloquio despois do filme ofrecéndonos algunhas claves para achegarnos a actual situación das iniciativas e experiencias populares xurdidas no país austral nos últimos anos.

You may also like...