Mercadiño de troco en Vigo

Este mes de marzo a rede de colectivos Vigotroca cumpre 3 anos e o mercadiño de troco que se celebra cada mes no barrio do Calvario 2 anos de existencia.

Despois de todo este tempo consideramos que era necesario pararnos a reflexionar cara a onde estaba a camiñar a rede e as actividades que a través dela se organizan.

Despois de varias xuntanzas as conclusións son:

A páxina web http://vigotroca.arkipelagos.net/ con 600 persoas rexistradas e con trocos feitos todos os días é un éxito que debemos destacar.

Apostamos por continuar dándolle pulo dende as organizacións e convidámosvos a todas a que vos rexistredes e lle deades utilidade a esta ferramenta de consumo consciente.

O mercadiño de Troco do Calvario segue a ser un lugar de encontro para as persoas do barrio pero non para as activistas das difeferentes organizacións da rede.

Queremos  revitalizar este espazo e facelo un lugar común onde poidamos atopar cousas que precisemos polo módico prezo de un troco.

Por esto facemos un chamamento especial para que asistades ó mercadiño de troco deste mes de marzo con todos os obxectos que teñades ciscados na casa e que pensedes que poidan ser de utilidade para outras persoas.

Consume conscientemente. Achégate a Vigotroca

SÁBADO 27 DE MARZO NA RÚA URZAIZ, check FRONTE AO MERCADO DO CALVARIO.

SE CHOVE ESTAREMOS NO SEGUNDO ANDAR DO MERCADO.cartaz-troco-2010

You may also like...