A Campaña Roupa Limpa esixe ao goberno de Bangladesh medidas tras un novo incendio nunha fabrica

OS SOBREVIVINTES DO INCENDIO DA FÁBRICA TÉXTIL DE BANGLADESH “GARIB&GARIB”, shop QUE PRODUCÍA PARA H&M, RECLAMAN XUSTIZA E SEGURIDADE NA INDUSTRIA DA ROUPA.

Tras o tráxico incenchinableu2dio da fábrica de roupa que causou a morte a 21 persoas (15 das cales eran mulleres) o 25 de febreiro pasado, os traballadores e as traballadoras esixen reformas inmediatas, unha investigación criminal e indemnizacións para as vítimas. Apoia as súas demandas escribindo ao Goberno de Bangladesh, ao propietario da fábrica e ás marcas de moda internacionais que producían alí as súas pezas.

O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica  en chamas na que traballaban. Estaban a rematar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como  H&M e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh.

Non se trata dun incidente illado. Únese a unha lista de incendios fatais similares da historia recente da industria de roupa de Bangladesh que sede o ano 2000 xa se cobrou 230 vítimas mortais.

A Campaña Roupa Limpa esixe medidas inmediatas e transparentes para garantir que todas as vítimas reciben apoio médico e unha indemnización xusta non só agora senón tamén a longo prazo. Debe haber unha investigación imparcial que conduza á persecución criminal das persoas cuxas accións ou neglixencia contribúan a este desastre. Por último débense  tomar as medidas  oportunas para evitar que desastres como este volvan ocorrer no futuro, incluída a revisión da actual normativa de saúde e de seguridade da industria de roupa de Bangladesh.

Para todo isto ademais de mellorar as condicións de seguridade nas fabricar é central facilitar a participación dos traballadores e as traballadoras na vixilancia  dos estándares de saúde e seguridade. Isto só pode facerse traballando directamente coas organizacións sindicais e apoiando o dereito das e os traballadores a organizarse nun sindicato.

Se queres máis información ou asinar a carta ó goberno de Bangladesh entra na páxina da CAMPAÑA ROUPA LIMPA. www.ropalimpia.org

You may also like...