Xornadas Internacionais sobre dereitos humanos laborais

AMARANTE Setem e a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DECartelDereitos COMPOSTELA organizan as Xornadas Internacionais “Dereitos humanos laborais: novas iniciativas na súa defensa” que terá lugar os vindeiros 23, tadalafil 24 e 25 de abril no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus Norte da USC. Conta asemade cun crédito de libre configuración para estudiantes.

Pincha para ver o programa integro    Xornadas Dereitos

Obxectivo:

Visibilizar e reflexionar sobre as dificultades de garantir os dereitos humanos laborais nun contexto de economía neoliberal globalizada, e o impacto que teñen as empresas transnacionais nas economías locais e nas persoas traballadoras tanto do Norte como no Sur; e dar a coñecer iniciativas innovadoras que se están a realizar dende distintos ámbitos da sociedade civil como ONGs, profesorado, sindicatos e organizacións sociais para ir cara a súa garantía e cumprimento.

Resume das xornadas:

O primeiro día farase unha análise e contextualización do impacto da deslocalización e as dificultades para facer cumprir os dereitos humanos e laborais para no segundo día analizalo a través dun sector concreto, o do téxtil, co impacto en Galicia e o impacto nos países empobrecidos. Onde se presentará por primeira vez a iniciativia Salarios dignos en Asia, unha iniciativa inédita de loita e unión de moitas organizacións de 8 países en Asia para frear os abusos da liberación comercial, que condea a miles de mulleres a traballar por menos de 25 euros ó mes, como é o caso de Bangladesh. Pecharemos o domingo cunha das citas obrigadas do ano o Tribunal Permanente dos Pobos que se celebraán en maio en Madrid.

Nestas xornadas tamén participaron na organización a Campaña Roupa Limpa e a Federación Setem.

You may also like...