Políticas de Pesca da UE a Debate en Vigo

Da pesca artesanal á depredación industrial do mar:

da sustentabilidade ao desequilibrio ecolóxico

loi300_277211Os vindeiros días 4 e 5 de Maio celebrarase en Vigo unha Xuntanza Ministerial Europea sobre Pesca, prostate con motivo da Presidencia Europea de turno no Estado Español. En contraposición a esta Xuntanza Ministerial varias entidades, viagra entre as que se atopa Amarante, organizaremos actividades durante sete días consecutivos para dar a coñecer as políticas da Unión Europea e as súas consecuencias nas nosas costas e na dos países du Sur e xenerar alternativas de ecoxestión que fortalezan os mares e economías locais. Programación de actividades

O obxecto da Xuntanza Ministerial é seguir tratando de elaborar e reformar o marco legal para unha pesca máis sostible. É dicir, tratar de elaborar unha política pesqueira menos irracional. Unha política que non dan acadado despóis de moitos intentos fallidos. Unha política que debería ter un obxectivo radical: unha pesca racional e sustentable, e que xa tería que estar funcionando e dando resultados dende hai anos, quizais dende os propios comezos da actividade pesqueira a gran escala. Pero a UE segue dando bandazos, presionada por un mercado que busca o menor custo e máximo beneficio sen ter en conta os parámetros sociais e ecolóxicos nos seus cálculos. Deste xeito, a UE dalle cova a unha actividade pesqueira industrializada de comportamento salvaxe cos propios recursos e co medio mariño

As xentes que viven do mar coñecen de primeira man a realidade do sector pesqueiro. Son testemuñas, día a día, das continuas agresións ao medio mariño. Testemuñas e axentes involuntarios. Empresas e mariñeiros tratan de manter unha actividade extractiva cada vez menos rendible e que, ante a presión do mercado capitalista, carece de regulacións e límites racionais, o que deriva na sobreexplotación do mar como recurso, e na súa grave degradación como ecosistema.

 

Dende as artes tradicionais de antano ata a pesca industrial de hoxe, a actividade pesqueira sufriu unha evolución tecnolóxica que, asociada ao actual modelo socioeconómico, ten varios efectos perversos. En primeiro lugar, unha desmesurada capacidade de explotación, e a correpondente desmesura na demanda. En segundo lugar, a concentración dos medios extractivos máis potentes nas mans das poucas empresas coa capacidade económica e tecnolóxica precisa. En terceiro lugar, o férreo control do mercado por intermediarios multinacionais.

 

A sobreexplotación dos caladoiros está provocando un esgotamento dos recursos nunca antes coñecido, e, sobre todo, un desequilibrio ecolóxico que está levando aos ecosistemas mariños a unha situación crítica. Unha situación que os poderes políticos ocultan sistemáticamente á opinión pública.

 

O beneficios económicos da pesca concéntranse nans mas duns poucos. Mentras, as xentes do mar e as persoas traballadoras das empresas relacionadas coa pesca teñen dificultades para sacar adiante as súas modestas economías.

 

A desmesura da extracción, o emprego de artes destrutivas e o seu abandono no mar teñen graves efectos na pesca de altura e de baixura, nas augas oceánicas e nas augas litorais, en todo o mundo. Isto compromete gravemente a subsistencia de moita xente, sobre todo nos países da periferia económica (os mal chamados países pobres ou terceiro mundo).

 

En Galicia, as artes tradicionais e a pesca de baixura enfróntanse a un proceso de extinción económica e cultural, consentido ou incluso planificado polos poderes públicos. As nosas costas xa non fornecen a demanda dos mercados propios coas especies do día. Os peixes e mariscos que consumimos proceden máis da importación e dos cultivos que das augas e areais galegos.

 

E é que, no noso País, aos efectos da sobreexplotación pesqueira xúnguese a degradación ecolóxica do litoral provocada pola actividade humana, tanto en terra como no propio mar. Os asentamentos urbanos, a industria, as infraestruturas, o agro e a mesma pesca son xeradores de residuos e fonte de verquidos contaminantes, produtos que, incontrolados e non depurados, acaban depositados ou disoltos nas augas costeiras, adsorbidos nos sedimentos dos fondos das enseadas, esteiros e areais e, finalmente, incorporados, a través das cadeas tróficas, nos organismos das especies mariñas, incluidas aquelas das que nos alimentamos. A isto hai que engadir a ocupación directa do leito mariño pola desmedida proliferación de infrestruturas portuarias, o que supón a desaparición de ecosistemas valiosos, a alteración das correntes e unha nova aportación de materiais contaminantes.

 

Hoxe non podemos ver o mar como o que era antes: un ecosistema portentoso e unha fonte de recursos aparentemente inesgotable. O mar está ferido pola man do home, por un sistema socioeconómico irracional, pola busca compulsiva de beneficio económico, pola inconsciencia do ser humano e pola súa insensibilidade hacia o medio do que procede e que soporta a súa mesma vida.

 

Este mar ferido precisa accións urxentes. É necesario deter as agresións ao medio mariño, atopar o xeito de reparar os danos provocados e restaurar o seu equilibrio ecolóxico. É necesario atopar un novo rumbo, que nos permita abandoar a nosa actual condición de depredadores que compiten encarnizadamente por uns recursos limitados, e que nos leve a unha coexistencia cooperativa, e a un modo de vida o máis simbiótico posible co medio do que procedemos e ao que pertencemos.

 

Ante a absoluta desinformación por parte do sistema político-económico sobre a gravidade do problema, a Xuntanza Ministerial da UE sobre pesca é unha ocasión excelente para rachar o silenzo. Para que os movementos sociais fagamos oir a nosa voz de alarma e denunciemos a situación. Para facer un debate público, analizar o problema e buscar alternativas. Para concienciar á sociedade. Para salvar o mar… e a nós mesmos.

 

 

 

You may also like...