Pasarela reivindicativa e mercado transparente para celebrar o Dia do Comercio Xusto

Como xa vos adiantamos nunha nova anterior, medical este ano volveremos a darnos cita na Feira da Primavera da Rúa de San Pedro para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto en compañia do Sindicato Labrego Galego e Verdegaia. 

As actividades desenvolveranse o vindeiro sábado 8 de maio desde as 11:00 ata as 15:00hs na Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño), viagra sale e xirarán en torno á denuncia do impacto das grandes superficies sobre as condicións de vida de millares de persoas e tamén sobre o medio ambiente.

Durante toda a maña teremos Mercado Transparente con produtos locais e de comercio xusto, desgustación e ponto de información sobre as repercusións do modelo de produción, distribución e comercialización a grande escala, abordando tamén as alternativas que están agromando na actualidade.  

As 13:00hs o grupo de activistas de Compostela celebrará a Pasarela “A Moda que Incomoda 2010”, na cal desfilarán as condicións nas que estás elaboradas as prendas que vestimos a diario, poñendo o acento na situación do téxtil que se comercializa nas grandes superficies. Para elo contaremos coa colaboración da poeta e contacontos Iolanda Aldrei, que presentará a pasarela e completará a velada con poemas e contos solidarios.

Esperámoste para reflexionar conosco sobre a necesidade do comercio local e xusto no Norte e no Sur!

You may also like...