O 8 de Maio celebramos o Día do Comercio Xusto

doctor sans-serif;”>CENTRADO SOBREbuy viagra sans-serif;”> A RESPONSABILIDADE DAS GRANDES SUPERFICIES NAS CONDICIÓNS DE EXPLOTACIÓN DE MILES DE PERSOAS

shop sans-serif;”>CRL

O vindeiro sábado 8 de Maio Amarante celebrará o Día Internacional do Comercio Xusto que por segundo ano consecutivo contaremos coa colaboración de outras entidades relacionadas co consumo responsable como Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, A Gradicela e Árbore.

Na celebración deste ano baixo o lema por un “Comercio Xusto no Norte e no Sur”, faremos unha análise e denuncia da implicación das grandes superficies nas condicións de vida e de explotación de miles de persoas.

Para iso farase unha serie de actividades nas que se visibilizarán o impacto das actuacións de empresas como Carrefour ou Lidl nos distintos sectores como o da alimentación ou o do téxtil.

Así contaremos cos mercados transparentes de alimentación nos que participarán labregas e labregos das nosas comarcas e que mostrarán as diferencias de prezo entre a producción e a venda final nas grandes superficies. Tamén contaremos cos mercados transparentes de roupa onde se darán a coñecer os resultados da investigación das condicións das traballadoras do téxtil en Asia para as grandes distribuidoras elaborado pola Campaña Roupa Limpa CRL e como son unha peza máis nun sistema que asfixia a milleiros de traballadoras de países do Sur con condicións laborais que violan os seus dereitos humanos.

A continuación podes ver a relación de actividades e onde se celebrarán na túa comarca máis cercana.

PONTEVEDRA

Martes día 4.- Mesa Redonda sobre o impacto negativo das grandes superificies ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos. Intervirán: Lidia Senra, dirixente do SLG, Ramon Rodriguez, da cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela, e Adrian Serantes, responsable técnico de Amarante en Pontevedra.

Xoves día 6 de maio ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos, a Directora de AMARANTE Setem e responsable da CRL-Galicia, Fernanda Couñago, presentará a Iniciativa Salarios Dignos en Asia*. Presenta Eva Blanco, coordinadora de Amarante en Pontevedra.

Sábado 8 de Maio, DIA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

Lugar: PRAZA 8 de MARZO (esquina rúa Peregrina ).

Horario: De 11:00 a 14:00

Actividades:

  • MERCADO TRANSPARENTE con produtoras locais e produtos de Comercio Xusto, onde se denunciará a marxe de prezo abusiva coa que quedan os distribuidores comerciais.

  • MERCADIÑO DE TROCO con intercambio de produtos de segunda man de Roupa, Xoguetes,etc

  • DEGUSTACIÓNS de produtos de Comercio Xusto

  • ACTUACIÓN GRUPO MUSICA TRADICIONAL OS CHICHISOS

  • ACTIVIDADE TEATRAL

OURENSE

Sábado 8 de Maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

Lugar: R/Saénz Díez.- No entrono do Centro Comercial Ponte Vella.

Horario.- De 12 a 14

Realizarase un MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as condicións laborais que sufren as traballadoras do sector têxtil

COMPOSTELA

Sábado 8 de Maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

Lugar: Porta do Camiño, Praza 8 de Marzo (Rúa de San Pedro, no marco da Feira da Primavera)

Hora: de 11 ata as 15hs

Actividades:

  • MERCADO TRANSPARENTE a cargo de labregas e labregos da comarca (SLG)

  • EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto (Amarante)

  • PASARELA-REIVINDICATIVA “A moda que incomoda” ás 13:00hs celebrarase a na que se conta coa colaboración da poetisa e conta contos Iolanda Aldrei.

VIGO

Sábado 8 de Maio, DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

Lugar.- Mediana de Gran Vía á Altura da Rúa Venezuela

Hora.- De 11 a 14

Actividades:

  • MERCADO TRANSPARENTE DE ALIMENTACIÓN coa colaboración de produtoras que venden directamentae á Cooperativa de Consumo Consciente Árbore

  • MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as inxustizas da deslocalización do sector téxtil no que poderemos achegarnos á roupa de comercio xusto

  • TEATRALIZACIÓN a través da DANZA da cadea de producción de roupa a as súas consecuencias nas condicións laborais.

You may also like...