Celebramos o Día do Comercio Xusto

healing sans-serif;”>Vigo celebrará unha vez más o Día Internacional do Comercio Xusto en colaboración con telasVerdegaia e Árbore.

O sábado 8 de Maio desenvolveremos diversas actividades, todas elas ó redor dos impactos do comercio convencional, controlado polas grandes superficies, na Gran Vía (altura Rúa Venezuela) de 12:00 a 14:00.

Manteremos durante toda a mañá un pokie game Mercado Transparente de Alimentación no que se mostrarán os inxustos márxenes de prezo entre as persoas produtoras e as consumidoras, evidenciando que son os intermdiarios os que teñen o maior marxe de ganacias.

Contaremos tamén com un Mercado Transparante de Roupa a través do que poderemos viaxar polos diferentes países produtores de téxtil. Neste mercado poderás coñecer cales son as condicións laborais que sufren as obreiras das fábricas da roupa que despois consumimos nas grandes superficies do Norte.

Remataremos o acto coa posta en escea dun espectáculo de danza de compañeiras que colaboran con Amarante, nun intento de denuncia pública das violacións de dereitos humanos e laborais que se suceden cotiamente nos milleriros de fábricas adicadas a producir roupa.

Esperámoste para reflexionar conosco sobre a necesidade do comercio local e xusto no Norte e no Sur!

You may also like...