Remata o Cumio dos Pobos Enlazando Alternativas

TPP_Baixa

sale sans-serif;”>Dende o 14 ó 18 de Maio celebrouse en Madrid o Cumio dos Pobos Enlazando Alternativas, look con motivo do Cumio de xefes de estado de América Latina e Unión Europea. Unha delegación de Amarante puido participar das actividades que no cumio se desenvolveron e enlazar traballo con outras entidades e colectivos que loitan para a consecución da transformación social.

Durante os cinco días que durou o evento levouse a cabo un Foro Social de Actividades Autoxestionadas, un Tribunal Permanente dos Pobos, accións contra transnacionais e de denuncia das políticas da Unión Europea e unha manifestación estatal na que se deron cita non só colectivos sociais senón tame? marchas sindicais chegadas dende diferentes puntos do estado.

 

Mani_BaixaNo Foro Social de Actividades Autoxestionadas Amarante participou activamente no obradoiro organizado pola Campaña Roupa Limpa, CDM, War on Want e Codemuh. O obradoiro levou por nome Violacións de Dereitos Laborais en Honduras, libre comercio, xénero e alternativas, e tentou desentrañar non só as dificultades laborais ás que se teñen que enfrontar as mulleres que traballan nas maquilas de Honduras senón tamén como lle afectan as políticas da Unión Europea, especificamente as negociacións para a sinatura do Acordo de Asociación despois do Golpe de Estado.

No Tribunal Permanente dos Pobos a Campaña de Finanzas Éticas, en colaboración co MAB e o Fobomade, presentou por segunda vez o caso Río Madeira que recibiu o apoio económico do Banco Santander e que está provocando o desprazamento de miles de familias e un forte impacto ambiental na selva amazónica.Del_Baixa

Na declaración final que se pode consultar na páxina de Enlazando Alternativas plásmanse compromisos como o de Manter a nosa loita en favor da democracia participativa, directa e plural, e opóndonos ós intentos de coartarla. Apoiamos as loitas contra a impunidade e pola xustiza para as víctimas dos xenocidios. Rexeitamos a criminalización da protesta social.”

Lembramos tamén que este cumio estaba enmarcado na presidencia española da Unión Europea que continuará ata finais do semestre e que contou con actividades ministeriais espalladas por todo o estado. No caso de Galicia realizaouse unha Reunión Ministerial sobre Pesca na cidade de Vigo durante os días 4 e 5 de Maio. Amarante, xunto a outros colectivos, organizou charlas, mesas redondas e unha acción de rúa mostrando á cidadanía os efectos da Política Pesqueira Común. Como conclusión destas xornadas elaborouse un documento que podedes consultar aquí .

You may also like...