Ferrol acollerá a V Asemblea do Foro Galego de Inmigración

Ante a actual conxuntura de crise, ambulance pharmacy situación a que hai que sumar o endurecemento legal e o continuo recorte dos dereitos das persoas migrantes tanto a nivel europeo como no estado español, and cialis e a tendencia á alza de discursos, there propostas e actuacións de corte xenófobo, como as lanzadas no concello de Vic ou Torrejón de Ardóz, as asociacións de inmigrantes están chamadas a xogar un importante papel. 

Por elo, as entidades que integran o Foro Galego de Inmigración (entre as cales está Amarante) pretendemos abrir un espazo de reflexión e intercambio de experiencias e saberes sobre as nosas prácticas asociativas, co propósito de contribuír ao fortalecemento do tecido asociativo migrante, e dar un paso mais na nosa condición de colectivo organizado na busca de respostas aos problemas que nos afectan.

Así, a asemblea que se celebra o próximo 30 de maio no CEIP de Esteiro (Ferrol) a partir da 10:00hs se centrará no tema “Repensando a nosa práctica asociativa” e adoptará un novo formato baseado en pequenos grupos de diálogo orientados a fomentar a participación de todas as persoas, tratando de respectar os seus tempos, estilos e bagaxe previa.

Despois da marcha, acto público e xantar que terán lugar a partir das 13:00hs, se presentará na sesión plenaria as conclusións, acordos e desacordos a que chegaron cada un dos grupos. Finalmente, de 17:00hs as 19:00hs terá lugar un festival intercultural no cal participarán diferentes grupos de música, danza e teatro das asociacións que compoñen o Foro e tamén artistas convidadas.

Este encontro está dirixido a todas as persoas (migrantes ou non) que desexen compartir conosco reflexións, momentos de reivindicación e de esparcimento. Haberá servizo de guardería para as crianzas e autobuses desde diferentes localidades. A inscripción é enteiramente gratuita e podense realizar a través do email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Información e programa completo da asemblea: http://forogi.wordpress.com/

You may also like...