Amarante condena o ataque do Exército israelí a “Flota da Liberdade” que se dirixía a Franxa de Gaza

A flota humanitaria se dirixía se dirixia a Franxa de Gaza con máis de 10.000 toneladas de axuda humanitaria

Na madrugada de hoxe foi atacada por soldados do Exército de Israel em águas internacionais unha flota de seis barcos cargados de axuda humanitaria e activistas pró dereitos humanos que se dirixían á Franxa de Gaza. As últimas informacións falan de 16 mortes e ao redor de 60 persoas feridas.

A Flota da Liberdade estaba organizada pola fundación humanitaria turca IHH (Insani Yardim Vakfi), a Campaña Europea para Acabar o Asedio de Gaza (ECESG), a campaña grega e a sueca ‘Barco a Gaza’ e o Free Gaza Movement. Tratabase da maior acción coordenada realizada ata o momento para intentar romper o bloqueio marítimo de Gaza.

Cerca de 750 persoas de diferentes relixións e nacionalidades integraban esta iniciativa solidaria, entre elas máis de vinte parlamentarios europeos, unha ex congresista estadounidense, un premio Nobel da Paz e un sobrevivente do Holocausto. Entre elas atopábanse dous activistas e un xornalista españois.

Dende Amarante amosamos a nosa máis enerxica repulsa a este novo ataque aos dereitos humanos e a solidariedade entre os pobos por parte do Estado israelí. Denunciamos a impunidade co que se se ten perpetrado reiterados ataques ao pobo palestino, conformando um verdadeiro terrorismo de Estado, coa connivencia dos gobernos occidentais.

Nestes momentos diferentes organizacións e partidos políticos chaman á mobilización en diferentes cidades palestinas e por todo o mundo. Na Galiza xá están confirmadas duas convocatorias de repudio este martes, día 01 de xuño:

Coruña: ás 20:30hs no Obelisco (Convoca a plataforma Galiza por Palestina)

Pontevedra: ás 20:00 hs na Praza da Peregrina

 

Esta era as máis grande das 9 flotillas que tentaron romper o bloqueo imposto por Israel sobre Gaza desde fai tres anos. Das 9 expedicións, 5 conseguiran romper o bloqueo anteriormente, pero ningunha desde a operación “Plomo hundido” en decembro do 2008, que acabou co asasinato de máis de 1400 persoas palestinas polo exercito israelí.

A flotilla era vixiada desde a madrugada de hoxe por tres fragatas de combate israelís, estando aínda en augas internacionais. Antes, decidira desviar lixeiramente o seu percorrido para evitar confrontacións co exército, sen cambiar o seu obxectivo de alcanzar a costa de Gaza. A alta presenza de prensa, mesmo nas fragatas israelís, non facía presaxiar un desenlace destas características.

Nos días previos, o Goberno israelí lanzara unha campaña para tentar deslexitimar a intencionalidade da flota solidaria, ofrecendo repatriar as activistas internacionais, e levar eles os produtos a Gaza. Desa forma, tentaban lavar a deplorable imaxe que xa ten Israel polo bloqueo a esta poboación. Evidentemente, os produtos pasarían o filtro establecido polo bloqueo, que de facto implicaría que ningún chegase a Gaza. Este é un exemplo da clásica política mediática israelí que fala de negociar e paz, cando a súa práctica dista moito destes principios. Tamén se creou unha contra-flotilla desde a dereita israelí, que pretendía saír a impedir a chegada da flotilla humanitaria en apoio á poboación de Gaza.

O claro carácter humanitario e pacífico desta frota non impediu que ás 4 da mañá o exercito israelí abordase os barcos coas súas tropas de combate descendendo desde varios helicópteros, para facerse co control dos mesmos.

A partir de aquí, os feitos son confusos. O único claro é que as xustificacións lanzadas polo Goberno israelí (violenta resistencia con navallas e pedras por parte das activistas pró-dereitos humanos, o premio nobel da paz e os parlamentarios), resultan dificilmente creíbles, tanto polo perfil das persoas que integran a misión humanitaria, como polo feito de que non se produciran mais mortes que entre as tripulantes da Flota da Liberdade.

Desde aqui esiximos unha resposta contundente de reixeitamento dos feitos por parte do goberno español e da Unión Europea, unha reorientación das relacións diplomáticas co Estado israelí e a posta em marcha de medidas dirixidas a restituir a legalidade nos territorios palestinos.

You may also like...