O Mercado entre lusco-fusco fai un oco para o Comercio Xusto

Amarante estará presente na 1ª edición do mercado de produtos ecolóxicos e locais que terá lugar tódolos martes no Parque de Belvis

O vindeiro martes 22 de xuño das 19:00hs as 21:00hs farase a inauguración do mercado cunha programación que inclúe música, clinic baile, obradoiro de produtos de tempada e feira do troco.

Lusco-fusco

Amarante Compostela súmase a ese proxecto innovador que busca ofrecer unha vía alternativa á cidadanía compostelá á hora de acceder a produtos ecolóxicos e de comercio xusto. A nosa participación no mercado entre lusco-fusco será no último martes de cada mes.

Desta volta estaremos presentes cun posto de degustación e venda de produtos, ademais da labor de sensibilización que nos caracteriza e que correrá a cargo das integrantes do grupo  local de activistas.

Para consultar a programación completa: http://mercadoentreluscoefusco.blogaliza.org/

You may also like...