Organizacións galegas promoven unha Semana de Solidariedade con Honduras

“Honduras: un ano do golpe, pills un ano de resistencia popular”

Entre as actividades programadas destacan as proxeccións do documental “QUIEN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe” en Ferrol, Compostela e Coruña

21.06.2010. O próximo luns 28 de xuño cúmprese un ano do secuestro á institucionalidade democrática e a vontade popular en Honduras.

Co dito motivo as organizacións ACSUR- Las Segovias, AMARANTE Setem, CEDEC, Cosal, Coordinadora de Crentes Galegos, Fuco Buxán Asociación Cultural e Whipala poñen en marcha unha Semana de Solidariedade coa Resistencia Hondureña.

As actividades pivotarán sobre a proxección en diferentes localidade do documental “QUIÉN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe da directora e guionista Kátia Lara, estreado a pasada semana en cidades como Buenos Aires, La Paz, Managua e Hamburgo.

documental_quien_dijo

As proxeccións estarán acompañadas dun coloquio dirixidos por compañeiras hondureñas residentes en Galiza e terán lugar en:

 Ferrol. 24 de Xuño. 19:30hs. Galería Sargadelos. Rúa Rubalcava, 30-32.

Compostela. 28 de Xuño. 19.00hs. Libraría Cruceiro. Praza de Cervantes, 6.

Coruña. 28 de Xuño. 19:30hs. Galería Sargadelos. Rúa Real, 56. 

Para chamar a atención sobre esa situación de socavamento de dereitos, máis tamén sobre o proceso de mobilización popular fronte ao golpe e aos seus herdeiros políticos, e da súa loita camiño á convocatoria dunha Asemblea Nacional Constituínte que sirva de marco ao proceso de refundación nacional, as organizacións sociais convocantes realizar diferentes actividades de apoio á poboación hondureña en resistencia.

Asemade das proxeccións, enviarase unha carta conxunta ao Parlamento galego esixindo o non recoñecemento do goberno de Porfírio Lobo e o restablecemento das relacións de cooperación de forma subordinada á depuración das institucións públicas hondureñas. 

Entre as demandas tamén está a ratificación do Frente Nacional de Resistencia Popular -que agrupa a diferentes movementos sociais hondureños- como un interlocutor indispensable para o pleno restablecemento da democracia e a reconstrucción institucional do país.   

Sobre o documental:  “QUIEN DIJO MIEDO” segue ao pobo hondureño en resistencia da man de René, quen se integra  no Frente Nacional de Resistencia contra o Golpe de Estado dende o primeiro momento. Así coñeceremos este tramo da historia de un pobo que finalmente esperta e se resiste a continuar sendo o laboratorio de ensaio dos Estados Unidos en contra dos procesos de cambio na América Latina. 

Máis información:  

Ferrol: Nuria Fernández (Fuco Buxán)  617 295 209

Compostela: Mari Fidalgo (AMARANTE Setem)  881 978 705/ 687 368 314

Coruña: Marta Casal (ACSUR)  655 576 385 ou Alfonso (Coord. de Crentes) 606 816 047

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O obxectivo principal é recordar que a represión e persecución de persoas vinculadas a movementos sociais e que a vulneración de dereitos humanos e civís en Honduras seguen vixentes a día de hoxe, pese ao aparente verniz democrático que luce o actual goberno de Porfírio Lobo. 

De feito, na súa segunda visita in loco en maio deste ano a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) constatou que as violacións seguen producíndose na actualidade. Pola súa banda, as organizacións de dereitos humanos de Honduras reportan un total de 8 xornalistas asasinados e máis de 700 violacións de dereitos humanos que van dende ameazas, atentados, secuestros, violacións e ataques contra medios de comunicación independentes.

You may also like...