Toca Troco!!!

Como cada derradeiro sábado de mes, healing Amarante, Árbore, Caleidoskopio e Verdegaia convidámosvos a participar dunha iniciativa de Troco e Cesión na praza fronte ó Mercado do Calvario.

A cita é o SÁBADO 26 DE 11:00 A 13:00

Gracias ao traballo feito o longo de todo ano, xa contamos con moitas persoas que traen os seus obxectos para ser trocados no Calvario. Ademais, moitas persoas achéganse ás mesas para ollar os artigos expostos e interesarse por eles.

Queremos animarvos a traer todo aquilo que ateiga as nosas casas e ao que non damos saída, co obxectivo de trocalo por outras cousas que sexan do noso interese.

Porque é posible un intercambio de artigos sen cartos polo medio e porque as cousas teñen o valor que nos queremos darlles, queremos manter esta iniciativa que pouco a pouco e co voso apoio, vaise asentando no barrio con moito respecto por parte da veciñanza.

Tamén pomos á disposición de todas as interesadas o espazo de troco virtual no que pódense facer trocos de xeito constante: www.vigotroca.arkipelagos.net

Animádevos a utilizar o troco como xeito para conseguir aquelas cousas que precisamos!!!

cartaz-troco-2010

You may also like...