Presentación da 1ª colección de roupa galega ecolóxica e de comercio xusto

Cambiamos ao xoves 08 de xullo ás 20:00hs a presentación da colección primavera-verán do proxecto “Alternativa Téxtil”

En Amarante levamos tempo traballando na busca de alternativas téxtis que tiveran en conta todas as premisas necesarias para encadrar nos principios da organización, tadalafil ademais de resultar atraíntes á sociedade galega. 

Así coñecimos a María Almazán, unhealthy unha muller afincada en Gondomar que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a situación das traballadoras do téxtil nos países do Sur, a través do seu traballo para grandes multinacionais do sector. Todos os horrores que puido presenciar motivárona a botar adiante un proxecto de confección de roupa que fora respectuosa co medio ambiente, coa saúde das persoas que traballan as materias primas e cos dereitos laborais en toda a cadea de produción.

Xurde “Alternativa téxtil”, un proxecto que tras moito tempo de traballo loxístico e de confección, atópase en condicións de presentar a súa primeira colección primaveira-verán de roupa feminina, masculina e bebé.


Presentacin_coleccin_roupa_ecolxica

Con tecidos e fíos procedentes da agricultura ecolóxica, tinguidos con tintes naturais e reutilizando botóns e cremalleiras, María confecciona unha gama de prendas de roupa moi actuais e comodamente combinables.

Utiliza 5 tipos de taias para asegurar unha boa adaptación da prenda aos nosos corpos, fuxindo polo tanto dos padróns estéticos vixentes.

Ademais, co obxectivo de emancipar e desenovlver o noso poder creativo e a nosa “soberanía téxtil”, María ofrece uns paquetes chamados “faino tí mesma” que contan con todo o necesario para que fagamos as nosas propias prendas.

Desde os patróns e fíos ata un vídeo explicativo en formato DVD, María pon nas nosas mans a posibilidade de confeccionar as nosa propia roupa inclusoive partindo de nocións moi básicas de confección. Ofrécenos ademais a posibilidade de mercar as telas para a confección ou ben ensínanos a reutilizar retais de prendas vellas.

Para profundizar neste proxecto podedes visitar o blog: tegidosecologicos.blogspot.com

Para coñecer o proxecto da man da propia deseñadora, así como ter a posibilidade de probar e mercar as prendas, convidámosvos a vir este XOVES DÍA 08 DE XULLO A PARTIR DAS 20:00hs  ao LOCAL DE AMARANTE (Romero Donallo, 17). 

Ofrecerémovos uns pinchos de produtos de comercio xusto e ecolóxicos e presentaremos o vídeo da Pasarela “A Moda que Incomoda 2010” celebrada no Día do Comercio Xusto en Compostela.  

You may also like...