O pobo hondureño segue reclamando o seu dereito a transformar o presente e ser dono do seu futuro

No manifesto difundido polo cumprimento dun ano do golpe a Resistencia sinala que o ponto de partida para refundación é a convocatoria da Asemblea Nacional Constuínte

No documento o Frente Nacional de Resistencia Popular -plataforma que agrupa a organizacións de base de distinta índole- recorda que o golpe de Estado militar foi un desesperado recurso da oligarquía frente ao xurdimento dun proceso de transformación canalizado a través do goberno de Manuel Zelaya, buy viagra nun momento marcado polo ascenso dos movementos populares e polos profundos procesos de cambio económico, político e social que se están producindo en Latinoamérica.

Un ano despois do golpe, Honduras aparece como escenario dunha batalla entre o vello e o novo, entre a dominación e a liberdade. No país centroamericano estánse a enfrontar por unha banda, os partidos conservadores, a igrexa ao servizo dos oligarcas e os gobernos servilistas de ideoloxía neoliberal, e por outra as organizacións populares de base, as forzas políticas progresistas e democráticas, os sectores sociais históricamente oprimidos e a solidaridade desinteresada de outros pobos.

Faixa_Honduras_Vigo

Faixa despregada en Vigo por Amarante e Verdegaia como mostra de apoio ao pobo hondureño

 

Nese contexto, a Resistencia eríxese como a conxunción desas forzas transformadoras, converténdose en suxeito social e político chamado a construír un futuro de progreso e benestar para todos e todas.

Un proxeto unitario baseado na democracia participativa, na construcción dun xenuino poder popular e na recuperación do controle sobre os recursos naturales e os sectores estratéxicos do país como as telecomunicaciones, enerxía, agua, bosques, portos, minería e hidrocarburos, ata o de agora explotados polas corporacións transnacionais e os grupos oligopólicos hondureños.

O Frente denuncia e rexeita as políticas neoliberais implementadas polo rexime de Porfirio Lobo, que castiga ao pobo hondureño con paquetazos, privatizacións, incremento das cargas tributarias e encarecemento dos servizos públicos, descargando o custo do saqueo e da corrupción dos golpistas nas clases medias e populares.

Para facer frente ao modelo socio-económico e político vixente e sentar as bases para un proceso de reconstrución nacional a folla de ruta da resistencia pasa pola convocatoria dunha Asamblea Nacional Constituínte, Democrática e Popular que sirva de marco para a refundación do Estado hondureño. No horizonte se dibuxa o soño dunha nova sociedade xusta, equitativa e incluínte.

Para leer o manifesto do FNRP:

http://www.resistenciahonduras.net/index.php?option=com_content&view=article&id=461:manifiesto-politico&catid=52:pronunciamientos-y-manifiestos&Itemid=260

You may also like...