Este verán ven a un Paraíso Fiscal

AMARANTE DENUNCIA A FALTA DE CONTROL SOBRE OS PARAÍSOS FISCAIS E A FUGA DE CAPITAIS EN PLENA CRISE.

 Foto_Vigo

Coa chegada do verán en Amarante saímos á rúa das cidades de Compostela e Vigo para dencuniar a existencia de paraísos fiscais e o seu uso indiscriminado por bancos e transnacionais. A pesar das declaracións do G-20 en anteriores xuntanzas nas que se anunciara un maior control dos estados offshore, buy viagra na declaración de Toronto do 27 de Xuño de 2010 faise evidente a falta de compromiso dos 20 ante este tema.

foto_Compos 

A pesar de que non hai datos exactos sobre o número total de paraísos fiscais, purchase segundo a OCDE e Tax Justice Network a cifra pode ir dende os 40 ata os 72, health contando cerca nosa con algúns deles, como por exemplo Gibraltar ou Andorra. Pero non son estas as únicas cifras: o valor das perdas por evasión a paraísos fiscais ascenden a 250.000 millóns de dólares. Mentras o número de persoas en situación de pobreza aumentan de 1000 millóns a 1400 millóns (datos do banco mundial) .

 

Ante esta situación saímos ás rúas a repartir información ataviadas con roupas de praia, simbolizando a falta de seriedade das institucións financeiras que continúan obtendo beneficios a pesar da situación de recesión, como o Banco Santander que en 2009 aumentou as súas ganancias en un 0,7%.

You may also like...