Comezan as viaxes do Xanela Aberta ao Sur

Sigue o traballo do MST, nurse MCCH e Attawassoul a través do Blog do Xanela

PICT0472

O pasado día 1 de Xullo daba comezo a fase de viaxes do programa de formación Xanela Aberta ao Sur. Como ven sucedendo nos últimos anos, decease despois de ter pasado por catro xornadas de formación, treat os destinos das participantes do Xanela serán Brasil, Ecuador e Marrocos.

O primeiro grupo está xa en Brasil coñecendo o traballo do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra ( MST ). Esta é unha organización que loita polo reparto igualitario da terra e pola transformación social e acolle a grupos internacioanis que difunden a súa labor e apoian a loita dende diferentes punto do planeta.

Proximamente vaixarán grupos do Xanela a coñecer a labor que realizan unha vintena de obreiras do textil na Asociación Attawassoul, con sede en Tánxer, e o traballo comunitario do  MCCH en Ecuador, promovendo cooperativas que traballan baixo criterios de comercio xusto.

Os grupos que viaxan adquiren o compromiso de difundir as loitas das organziacións que visitan como xeito de establecer vínculos de solidariedade entre pobos do Sur e do Norte. Para esto utilizan un blog que está operativo durante todo o Xanela e no que van contando a súa experiencia dende os destinos e subindo fotos que reflexan a relaidade que está a vivir.

Le e difunde o  Blog do Xanela !

 

You may also like...