Amarante novamente no lusco-fusco e período de vacacións

Como xa vos informamos doutra volta, cialis o último martes de cada mes Amarante Compostela ten unha cita co Mercado entre lusco-fusco, ailment que se celebra no compostelá Parque de Belvis de 19 as 21:20hs.

Mercado_lusco_e_fusco_2

Maña martes estaremos unha vez máis no mercadiño de produtos ecolóxicos, locais e de comercio xusto cun posto para venda e difusión de información, poñendo o acento na nova liña de produtos ecolóxicos Solyeco para a hixiene do fogar ou industrial, que podedes atopar nas nosas tendas desde o mes de maio. 

Si necesitades mercar produtos de alimentación e queredes disfrutar do solpor na nosa compañia, esperámovos maña en Belvis!

Recordamovos que do 02 ao 13 de agosto permaneceremos coa tenda e o local pechados por vacacións. O luns 16 de agosto abrimos no horario habitual (11:00 as 14:00hs e de 17:00 as 20:00hs).

Tamén lembramos que ata o 31 de xullo temos descontos  de 20% na roupa por fin de tempada, 30% en caipiriña e mojito e 25% nas marmeladas de laranxilla porpronta caducidade. Aproveitade!!!

You may also like...