Parlamento brasileiro conclúe que MST non desviou recursos públicos para a ocupación de terras

A investigación revelou que as acusacións orquestadas polo sector do agronegocio eran infundadas e puxo de manifesto a laboura do movemento en áreas como a educación e promoción da agricultura familiar.

Despois de oito meses, sale nos que as contas de cooperativas agrarias e organizacións de apoio foron minuciosamente apuradas e convocaronse máis de trece audiencias públicas, patient as intencións da bancada ruralista -que representa os intereses dos latifundiarios e do agronegocio no Parlamento brasileiro- de desprestixiar ao MST e entorpecer o debate sobre o necesario avanzo da reforma agraria no Brasil quedaron ao descuberto.

Paralelamente, a investigación puxo en evidencia a importante laboura do movemento no eido educativo e tamén no fomento da agricultura familiar e da produción ecolóxica, freando o abandono do rural e o consecuente incremento dao número de familias desemparadas, suxeitas ao traballo informal e as pésimas condicións de vida que ofrecen as xa infladas favelas nas grandes urbes brasileiras.

O Brasil é un dos países que presentan unha maior desigualdade no acceso e propiedade da terra no mundo. Datos recentes indican que 1,5% dos 5 millóns de propiedades rurais rexistradas concentra 52% de toda a área, mentres que 98,50% deteñen soamente 48%.

Cartaz_campaa_reforma_agrariaPara movilizar o debate sobre a concentración de terra, o Foro Nacional da Reforma Agrária e Justiza no Campo, composto por máis de 50 organizacións, promoverá unha consulta popular sobre o límite da propiedade rural do 1 ao 7 de setembro.

O obxectivo será recabar apoio social para incluír unha modificación na constitución brasileira, establecendo un límite para a propiedade da terra a 35 módulos fiscais. As propiedades que superen esa cifra serían incorporadas ao patrimonio público e destinadas á reforma agrária. Das cinco millóns de propriedades rurais existentes no Brasil soamente 50 mil posúen 35 módulos fiscais mentres que as outras 4.950 millóns datópanse por debaixo desa cifra.

Mais información: http://www.limitedaterra.org.br/

Recordemos que a concentración fundiaria ten unha repercusión directa sobre a soberania alimentar. No artigo publicado no Correio da Cidadanía o 05 de agosto, Frei Beto apuntaba que actualmente o latifúndio ocupa máis de 20 millóns de hectarias co cultivo de soxa, mentres que as plantacións de arroz e feixóns, representan 3 e 4,3 millóns de hectarias respectivamente. É dicir, apenas 0,85% do territorio nacional está ocupado co cereal e leguminosa básicos na dieta brasileira e que posúen un elevado valor nutritivo.

Segundo o xeográfo Ricardo Alvarez, citado no mesmo artigo, un aumento de apenas 20% na área cultivada significaria pasar de 7,3 para 8,7 milhóns de hectarias, co conseguinte impacto na alimentación da poboación. Accións dirixidas a ampliar a produción de alimentos, garantir prezos mínimos, incentivar a ocupación produtiva da terra e combatir o latifundio serían moito máis eficientes que a actual política de asistencialismo alimentar.

A “absolución” do MST e o impulso dunha campaña nacional que volva a situar a concentración fundiaria no centro do debate sobre o modelo produtivo a seguir para atallar as desigualdades sociais neste continente semellan unha conquista importante nun momento no que a criminalización dos movementos sociais e o agravamento dos conflictos no rural avanzan en paralelo coa ofensiva do agronegocio na América Latina.    

Para poñer freo ao modelo agroexportador vixente, que ten na concentración fundiaria o seu principal piar de apoio, tódolas as voves críticas serán necesarias e para elo é necesario que o MST poida reverter a campaña de difamación e persecución que ven sufrindo por parte dos medios de comunicación e dos grupos que deteñen o poder económico, político e xudicial no Brasil.

You may also like...