Os traballadores e as traballadoras de Bangladesh precisan da túa axuda. Actúa agora!

roupalimpa2

Desde que o pasado 29 de xullo o Goberno de Bangladesh anunciase o novo salario mínimo para a industria de roupa -fixado en 3000 Taka (32 euros )- e que segue sendo insuficiente para satisfacer as necesidades básicas-, online sickness os traballadores e as traballadoras continúan saíndo ás rúas para protestar. Emitíronse ordes de detención contra centos de traballadores/as e contra líderes de defensa dos dereitos laborais, buy viagra e déronse varias detencións.

A ONG Centro de Solidariedade de Traballadores de Bangladesh (BCWS, polas súas siglas en inglés) e os seus líderes son obxectivos prioritarios desta ofensiva gobernamental contra as organizacións que defenden os dereitos laborais. Pedímosche que escribas ás autoridades de Bangladesh para esixir a retirada das causas penais e que se garanta a seguridade dos/as líderes laborais. Ao existir evidencias de que unha fábrica en concreto, a empresa Nassa Global Wear que produce pezas de roupa para empresas como Wal Mart, Carrefour, Tesco e H&M, estea a xogar un papel importante nos ataques contra a ONG, tamén pedímosche que asines a carta dirixida ao propietario do grupo empresarial Nassa condenando estas accións.

Envía agora unha carta ás autoridades de Bangladesh e outra ao grupo téxtil Nassa! Coñece como é a situación en Bangladesh! Máis info eiquí.

You may also like...