Sociedade civil europea movilízase en solidariedade coas persoas xitanas e migrantes

Repudiamos o populismo e o racismo das políticas da UE!
Millares de persoas movilizáronse hoxe en diferentes capitais europeas para manifestar o seu repudio pola política de criminalización e deportación de persoas xitanas e migrantes posta en marcha por diferentes países europeos.

Desde AMARANTE queremos amosar o apoio ás movilizacións e a nosa solidariedade cos colectivos que están sendo alvo dunha demagóxica maniobra mediática dirixida a acadar o apoio dos sectores sociais máis conservadores, view salve desviando así a atención dos verdadeiros problemas que castigan a cidadanía europea.
Movilizacin_en_Francia
Foto: BT/af

Ademais das expulsións perpetradas polo goberno francés -a última producíuse este último xoves, patient cando 283 persoas xitanas foron deportadas a Romania, unhealthy sumando un total de 8.300 devolucións no que vai de ano segundo dados oficiais- países como Italia, Alemaña, Dinamarca e Suecia parecen seguir a estela de intolerancia e racismo que asola o continente europeo.

No estado español foron convocadas concentracións en Madrid e Barcelona pola Unión Romaní, secundada por redes como Enlazando Alternativas e outras varias redes e organizacións sociais.

Como en outras oportunidades na que estivemos na primeira liña na defensa dos dereitos e da dignidade das comunidades étnica e culturalmente diferenciadas, seguiremos de preto as campañas de apoio e adhesión que se están poñendo en marcha a nivel estal e internacional.

 Máis información:

 http://www.enlazandoalternativas.org/spip.php?article779

http://www.unionromani.org/

You may also like...