Verán fatídico para os dereitos humanos en Honduras

O 30 de agosto, here Día Internacional das Persoas Detidas Desaparecidas, recórdanse as víctimas das prácticas de desaparición forzada que aínda seguen plenamente vixentes na América Latina, como sinala o Comité de Familiares de Detidos Desaparecidos en Honduras (COFADEH).

Históricamente e en particular na década dos 80 este mes costumou ser tráxico e agora, no marco do golpe de estado, esa tendencia non parece ter mudado. O COFADEH denuncia que no mes de agosto a represión, persecución, asasinatos selectivos e o encarceramento de decenas de persoas con apertura de xuízos con motivacións políticas foron unha constante.

Recordemos que a pincipios de agosto a Universidade Nacional Autónoma de Honduras, UNAH, convertiuse nun aunténtico campo de batalla pola acción represiva dos corpos e forzas de seguridade contra o estudantado e profesorado que pacíficamente protestaban polas medidas neoliberais anunciadas pola rectora, esixindo a readmisión de 124 traballadores despedidos ilegalmente por lebar a cabo o seu lexítimo dereito á folga.

Seguiu a represión e a violencia perpetrada contra labregos e labregas en Zacate Grande, Baixo Aguán, Unión, Copán, Cofradía e Cortés. Todas as accións tiveron como denominador común a utilización da forza pública para protexer os intereses de poderosos terratenentes e desposuír da terra aos seus lexítimos donos.

Por outra banda, as accións represivas do réxime estendéronse aos xornalistas e medios de comunicación que están contra o golpe de estado. Desde febreiro se contabilizan 10 xornalistas asssinados. Todos os crimes sucederon durante o mandato de Porfirio Lobo Sosa.

O COFADEH demanda da comunidade nacional e internacional accións encamiñadas a deter a persecución e crimes políticos contra os diferentes sectores da sociedade hondureña que emprenden a súa loita por unha Asemblea Nacional Constituínte, a través da Fronte Nacional de Resistencia Popular.

 

 

i

You may also like...