Paro nacional en Honduras para reclamar melloras laborais

Organizacións obreiras, for sale estudantís, ambulance indíxenas e campesiñas mobilizáronse onte ao longo do país para reclamar mellores condicións laborais e o cumprimento do Código de Traballo

A mobilización foi denominada como Paro Cívico e recibiu o apoio de tres centrais obreiras e a Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP).

A medida de forza foi anunciada logo do fracaso das negociacións co ministro de traballo, online Felítico Ávila. Entre outros reclamos, os traballadores solicitan un incremento no soldo mínimo, que actualmente é de 158 dólares.

honduras-constituyente2

Por outra banda, este martes o Consello de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (COPINH) denunciou que o Congreso pretende privatizar os ríos para a construción de hidroeléctricas. Segundo a organización, o decreto lei permite “outorgar concesións e privatizaciónes de ducias de ríos para a construción de hidroeléctricas”.

Ante esta situación, o Consello chamou ao pobo hondureño e á Resistencia a intensificar a loita contra o Goberno de Porfirio Lobo e a traballar pola refundación do país mediante o chamado a unha Asemblea Nacional Constituínte.

Na actualidade o Frente Nacional de Resistencia xa recabou máis de 1 millón de asinaturas de apoio popular á Asemblea Constituínte, e espera chegar a  1 millón 250 mil asinaturas ata o 15 de setembro, data na que se celebra a indenpendencia do país centroamericano.

O documento que está a asinar a cidadanía hondureña expresa a vontade de convocar “unha Asemblea Nacional Constituínte” que deberá instalarse cunha “maioría popular” para redactar e aprobar unha “Nova Constitución” que “garanta” os dereitos fundamentais, individuais e colectivos “de maneira efectiva”. Ademais, debe democratizar de maneira  “participativa” a vida do país.

Ao mesmo tempo, coas asinaturas  o pobo hondureños esixe o retorno do exx-presidente e actual coordinador do Frente de Resistencia, Manuel Zelaya, e doutros 200 exiliados.

Mentres, segue a represión e a persecusión de líderes e lideresas populares, profesorado, estudantes e xornalistas. No que vai de ano, 10 profesionais da comunicación perderon a vida e o pasado mes de agosto o Comité de Familiares de Detenidos y Desaparecidos de Honduras (COFADEH) denunciou a aparición dunha fosa común con máis de 100 corpos de persoas desaparecidas nos últimos 3 meses. Todos ese crimes se produciron baixo o mandato de Porfirio Lobo. (Fonte: PÚLSAR. Axencia Informativa da AMARC ALC)

Máis información: http://www.resistenciahonduras.net/index.php?option=com_content&view=article&id=1032:miles-de-hondurenos-en-el-paro-civico-convocado-por-fnrp&catid=95:resistencia&Itemid=334

You may also like...