Organizacións reúnense maña para acordar próximas accións de apoio á resistencia hondureña

A xuntanza do grupo de apoio a Honduras coincide coas movilizacións  convocadas para celebrar a independencia do país.

As organizacións ACSUR Las Segovias, sildenafil AMARANTE Setem, Cosal, Coordinadora de Crentes Galegos, Fuco Buxán, Fuga en Rede e Wipala reúnense en Coruña maña 15 de setembro, día no que se celebra a independencia de Honduras, para dar seguimento ao traballo iniciado a raíz do golpe de estado.

quien_copyA xuntanza pretende atender tamén ao chamado internacional de solidariedade realizado polo Fronte de Resistencia (FNRP) nunha data na que se prevé unha multitudinaria mobilización popular en oposición ao desfile oficial que encabezará o presidente ilexítimo, Porfirio Lobo.

Para ler o comunicado do Fronte de Resistencia co gallo da celebración da independencia: Chamamento_Internacional_FNRP.pdf 

No encontro de maña os colectivos galegos planificarán as actividades para os próximos meses, na que destaca a labor de  incidencia e difusión da realidade de represión e violación dos dereitos humanos, ao tempo en que se deterioran as condicións de vida da imensa maioría da poboación e se incrementan as concesións ao capital transnacional, mediante a privatización de recursos e sectores estratéxicos para o país centroamericano.

Entre as actividades propostas está previsto traer a Galicia un representante do FNRP que dará conta dos últimos acontecementos e da situación actual do movemento de organización e resistencia popular; a continuidade da presión institucional para acadar o non recoñecemento do goberno ide Lobo;  a loita pola recuperación de plenos dereitos para o pobo hondureño, asemade de outras moitas ideas que manterán vivos os lazos de solidariede entre Galicia e Honduras.

 

You may also like...