Xornada de coloquio, documentais e degustación de produtos de Comercio Xusto

Avanzamos na colaboración entre Amarante e a Asociación Arquinatura cunha actividade de achegamento ao comercio con xustiza.
A cita será o mércores 22 de setembro as 20:30hs no local da asociación (Rúa de Sto. Agostiño, medicine 6, pharm baixo), na que teremos ocasión de dialogar sobre as implicación éticas e de sustentabilidade do movemento do comercio xusto, ademáis de visionar o documental “Tres miradas sobre el Comercio Justo” (Adsis) e degustar algúns dos nosos produto. 
Tres_miradas_sobre_comercio_xusto
A actividade é aberta ao público ata completar o aforo.
Recordamos que a partir deste mes, Arquinatura xa conta cun punto de venda de produtos de AMARANTE no que é posíbel acceder a produtos como café, tés, panela ou chocolates.
A Asociación Arquinatura nace en xullo de 2003 en Ferrol co obxectivo principal de traballar para a defensa do medioambiente. Dentro deste marco amplo, perfílanse os seguintes obxectivos específicos: promover  o desenvolvemento da arquitetura bioclimática, enerxías renovables e permacultura, así como o fomento do asociacionismo.

Contamos coa vosa presenza!

You may also like...