Amarante por segundo ano no Festival Intercultural das asociacións de migrantes da comarca

Compostela acolle unha mostra do traballo que realizan as asociacións de inmigrantes a prol da integración deste colectivo e da convivencia intercultural

Cartaz_Festival_2010 O vindeiro domingo 26 de setembro terá lugar no Paseo Central da Alameda a actividade organizada polas asociacións de inmigrantes de Santiago de Compostela por segundo ano consecutivo.

Durante todo o día a cidadanía compostelá poderá degustar pratos típicos e compartir as diferentes expresións culturais e folclóricas das comunidades migrantes afincadas na cidade, cialis sale healing ademais de coñecer as actividades que realizan as asociacións organizadoras e convidadas.

As 17:00hs terá lugar unha Mostra Artística na cal presentaranse bailes e cancións tradicionais de diferentes países, nurse see ademáis de outras actividades como contacontos, order hip-hop e mesmo unha clase pública de danzas africanas.

Coa realización deste Festival as entidades organizadoras pretenden visibilizar os colectivos migrantes e as súas culturas de orixe, promovendo un achegamento entre a comunidade local e os novos e novas galegas, apostando dese xeito pola convivencia e o intercambio cultural. O desexo dos colectivos participantes é consolidar o Festival como unha cita de referencia no cenario compostelán e galego.

O evento conta coa participación das entidades Gondwana, ASAGA-Africanos en Galicia, AVESANTI (Venezuela), Asociación de Bolivianos, COSIOR (Ecuador), Asociación Peruanos en Santiago, Puente Cultural Rumano-Gallego e Nañe Reta (Paraguai).

Tamén estarán presentes outros colectivos sociais que prestarán o seu apoio ás asociacións de inmigrantes, como as organizacións de comercio xusto Amarante, Panxea ou Equisol -que levarán a cabo unha degustación e venda de produtos-, a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) e o Foro Galego de Inmigración, estas últimas cunha mesa informativa sobre as súas actividades e campañas. O Foro tamén levará a cabo unha actividade reivindicativa sobor das actuais políticias migratorias ás 12:00hs.

 

Estades todas convidadas!!!

You may also like...