Amarante repudia o intento de golpe de estado en Ecuador

Amarante demanda do Parlamento de Galicia e do goberno galego unha condena pública do que está a acontecer en Ecuador, health país prioritario da Cooperación galega onde ten varios proxectos

Ante o intento de golpe de estado perpetrado contra o presidente de Ecuador no dia de onte por sectores vencellados á Policía Nacional co apoio de diferentes grupos de poder, sick a organización AMARANTE Setem quere amosar a súa máis enérxica repulsa contra esta agresión á vida democrática de Ecuador.

ecuador-crisis-150x150Debido ao clima de inestabilidade e a declaración do estado de excepción durante os próximos cinco días, xerando incerteza e preocupación entre a poboación ecuatoriana dentro e fora do país, e tamén entre as organizacións que mantemos unha estreita relación de colaboración con entidades e movementos sociais no país andino, queremos trasladar o noso apoio ás mobilización cidadás de defensa da Constitución e da ordenamento institucional que se están a dar nese momento en Ecuador.

Instamos ó goberno español e, neste caso, á Xunta de Galicia e o Parlamento Galego que, dentro do seus principios de solidariedade, e sendo Ecuador un país prioritario na cooperación galega – de feito Amarante está a desenvolver un proxecto de cooperación co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores nese país- a que CONDENEN dita situación, como no seu día foi condenado o Golpe de Estado de Honduras.

Pese a que nestes momentos o intento golpista parece estar controlado, desde AMARANTE queremos facer un chamamento ao respecto á institucionalidade constitucional en Ecuador, e amosar a nosa fonda solidariedade coa poboación ecuatoriana e coas víctimas da represión policial.

A sublevación de sectores dos corpos e forzas de seguridade, co atentado á integridade física do presidente constitucional Rafael Correa, toma de cuarteis e ocupación do aeroporto internacional de Quito recordan o clima vivido en Honduras nas horas previas ao 28 de xuño de 2009.

No caso de Ecuador, a ofensiva golpista veu motivada pola aprobación dunha Lei de Servizo Público que elimina bonificacións, comisións e estímulos económicos para efectivos das institucións policiais e militares. En Honduras, pola súa banda, medidas sociais como o incremento de salario mínimo e á convocatoria dun referendum para decidir sobre a abertura dun proceso de revisión constitucional, foron os detonantes para que sectores oligárquicos tomaran o poder coa suspensión de garantías constitucionais e forte represión á poboación que saíu as rúas para apoiar a democracia e ao presidente deposto, Manuel Zelaya.

En ambos casos o que se deixa entrever son intentos de desestabilización e de ruptura da institucionalidade democrática e da soberanía popular orquestrados por grupos que deteñen o poder económico, político e mediático ante os procesos de transformación estrutural que se están a dar no continente latinoamericano.

Desde Amarante mantemos que, calquera atisbo de agresión á vida democrática e á vontade popular debe ter unha inmediata resposta da solidariedade internacional e da sociedade civil.

Noticias chegadas desde Radio Chasqui de Quito, reportan que ao menos 4 persoas, dous militares e dous civís, faleceron a causa dos enfrontamentos deste xoves.

You may also like...