Comeza IV Semana de Acción Global contra a Débeda Externa e as IFI´s

A loita pola abolición da débeda é a loita pola xustiza global, hospital malady por romper as cadeas que atenazan a soberanía dos pobos

 Do 7 ao 17 de outubro celébrase a IV Semana de Acción Global contra a Débeda Externa e as Institucións Financeiras Internacionais (IFI´s), sickness promovida pola Campaña Sur-Norte sobre Débeda Ilexítima coa participación doutras redes e organizacións.

En América Latina, ailment Caribe, Asia e África as organizacións que forman parte da rede Xubileu Sur participarán en diversas actividades destinadas a chamar a atención e a fortalecer a resistencia á dominación encarnada pola débeda, que se agravou aínda máis no actual contexto de crise sistémica.

En diferentes cidades europeas e do estado español están convocadas mobilizacións, actividades de diversa índole e mesmo unha ciberacción para demandar que o goberno español asuma a súa responsabilidade e resolva situación de endebedamento insustentábel e ilexítimo.

Para participar na ciberacción e asinar a petición de cancelación da débeda externa.

Os custos sociais e ecolóxicos da débeda imposta aos países do Sur e o cuestionamento ao rol das Institucións Financeiras Internacional serán os eixos centrais dos debates e accións que terán lugar nesta semana de mobilización global que este ano leva o lema “Romper as cadeas, cambiar o sistema!”

A Campaña Quién debe a Quién? ven a recordarnos que a débeda externa segue sendo a principal lousa que impide o desenvolvemento digno e soberano dos pobos. A pesar das múltiples campañas e mobilizacións da sociedade civil pedindo a súa abolición e a demostración de que en moitos dos casos tratarse dunha débeda ilexítima, os gobernos do Norte, as institucións financeiras internacionais como o Fondo Monetario Internacional ou o Banco Mundial, e tamén entidades financeiras privadas, entre elas os grandes bancos, seguen facendo uso da débeda como instrumento de dominación para impor as súas políticas ou como moeda de cambio para satisfacer os seus intereses xeoestratéxicos e comerciais.

Amplia información: ler o comunicado internacional sobre a Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFI´s.

Fonte: Campaña que debe a quen

You may also like...