A Compra Pública Responsable chega ao Parlamento Galego

look geneva;”>AMARANTE e VERDEGAIA reúnense cos grupos parlamentarios para solicitar a creación dunha proposta de lei sobre a COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE

ailment geneva;”>Trala posta en marcha da Campaña conxunta entre AMARANTE e VERDEGAIA para promover a Compra Pública Responsable nos principais Concellos de Galicia. Ambas organizacións deron un paso máis neste traballo instando os grupos parlamentarios a que se promova dende o Parlamento de Galicia un marco xurídico que sirva de paraugas e de garantía para toda a administración pública para que faga un uso responsable dos orzamentos públicos, e neste caso na compra e o consumo de bens e servizos. Falamos dunha proposta ampla na que se recolla dende a casino uk optimización do uso dos recursos, eficiencia enerxética ou produtos nos que se garanta ós dereitos humanos na súa produción, etc.

A reunión foi mantida o pasado 14 de setembro con Carmen Gallego (PSOE), Carlos Aymerich (BNG), Fernandez Miranda e Maria Seoane (PP). Ante a receptividade de tódolos representantes agardamos que poida existir entendemento e acordo entre os 3 grupos parlamentarios para poder sacar adiante esta iniciativa.

Entre algunhas das demandas atopábase:

 

– Impulsar a formación dos responsábeis de contratación, intervención e asesoramento xurídico na aplicación de criterios de Compra Pública Responsable.

– Comprometerse á participación da Xunta de Galicia na Rede de Compra Pública Responsable na que poder asesorarse e compartir experiencias con administracións, actores sociais e empresariais.
– Realizar recomendación aos órganos de contratación da administración en materia de “compra pública responsable a través da “Xunta consultiva de contratación da Xunta de Galicia”. En especial elaborar recomendacións para a incorporación de criterios éticos, ambientais e sociais na contratación pública.
– Constituír unha comisión técnica interdepartamental composta polos servizos xurídicos de emprego, de asuntos sociais, de contratación e de facenda, que poidan contar coa participación dos actores sociais de interesados.

You may also like...