AMARANTE SETEM fai unha aposta pola distribución do Comercio Xusto en Galicia

+ de 100 empresas, diagnosis colectivos e institucións xa apostan por produtos con XUSTIZA E CALIDADE que distribúe AMARANTE Setem

AMARANTE Setem centraliza no seu novo local de Pontevedra á tenda local e a distribuidora de Comercio Xusto

Cartaz_planeta

AMARANTE Setem puña en marcha no ano 2004 a primeira distribuidora de Comercio Xusto en Galicia que ademais de distribuír produtos de outras organizacións de fora da nosa comunidade iniciou a importación directa e etiquetada en galego de produtos de comercio xusto desde os países do sur.

Hoxe seis anos despois son máis de un centenar as empresas, ambulance colectivos e institucións que apostan por produtos con xustiza e calidade que distribúe AMARANTE Setem.

A organización galega de Comercio Xusto quere dar un novo pulo a este traballo de comercialización e a partir do próximo mes de novembro vai a estrear unha nova sede en Pontevedra onde ademais da tenda e sede do grupo local de AMARANTE conta cunhas amplas instalacións onde se ubicará a distribuidora.

O novo local sito na rúa de San Roman 9 ( ao carón da praza da ferreiría ) conta con dúas plantas e a súa amplitude vai permitir que o local de AMARANTE tamén acolla  unha sala de exposicións e centro de recursos e actividades.

máis info en http://comercioxusto.com/index.php?option=com_content&task=view&id=136&Itemid=1

You may also like...