Xira galega de Bartolo Fuentes, Coordinador departamental do Fronte Nacional de Resistencia

O Grupo de Apoio a Honduras, and do cal AMARANTE Setem forma parte, doctor organiza a visita do dirixente hondureño do 03 ao 06 de novembro

Celebraranse actos e charlas en Compostela, sovaldi Coruña e Ferrol 

 

HondurasDo 03 ao 06 de novembro o dirixente do FNRP participará en diferentes actos institucionais e xuntanzas, asemade de impartir conferencias en Coruña e Ferrol.

A xira, que coincide coa visita papal a Compostela, pretende chamar a atención para a situación de vulneración dos dereitos humanos que se segue a dar en Honduras.

Dese xeito, a visita de Bartolo Fuentes a Galicia iniciarase o día 4 de novembro pola mañá cunha rolda de encontros con representantes dos tres grupos parlamentarios.

Ás 13:00 horas terá lugar no Parque da Constitución (ao lado do Parlamento) un acto simbólico de homenaxe ás vítimas do golpe de estado, recordando a situación de inseguridade, vulnerabilidade e indefensión á que segue estando sometida a poboación hondureña.   Manifesto_Acto_Honduras_04.11.pdf  

 

Ás 13:30hs celebrarase unha comida-encontro con colectivos sociais na Cafetería D´Lucía (R/ Ramón Piñeiro, nº 3, ao lado do Cine Compostela. Menú 10€) a cal están convidadas todas as persoas interesadas.

Ás 17:30 horas terá lugar unha recepción e rolda de prensa no Concello da Coruña e ás 20:00 horas celébrase na Casa Museo Casares Quiroga a conferencia “Honduras Resiste. Situación actual tras un ano do golpe”. 

Esta mesma charla será realizada o día seguinte, 5 de novembro, en Ferrol na Galería Sargadelos, ás 20:00 horas. Nesta cidade tamén están previstos diferentes actos e encontros con colectivos sociais e sindicais nos que participará o dirixente hondureño. 

O pasado 25 de outubro a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos da Organización dos Estados Americanos (OEA) ditaminou que no país centroamericano persisten as violacións de dereitos e liberdades da poboación, especialmente de algúns colectivos como activistas de defensa de dereitos humanos, xornalistas, ambientalistas e integrantes da resistencia.

 

 

 

You may also like...