Solidariedade co Sáhara Occidental

Amarante amosa a súa solidariedade coa poboación saharaui ante o ataque do exército marroquí ao Campamento da Dignidade

Ante o violento desmantelamento polas forzas de seguridade marroquís do campamento Gdeim Izik ou “Campamento da Dignidade”, see no cal cerca de 20.000 saharauís denunciaban de xeito pacífico as duras condicións de vida as que están sometidas e reivindicaban o seu dereito a autodeterminación, search AMARANTE Setem quere amosar a súa enérxica repulsa ao masacreperpetrado e trasladar ao pobo saharauí a nosa fonda solidariedade e apoio as súas demandas de liberdade e xustiza.

Tras o ataque ao campamento, os enfrontamentos entre saharauís e as forzas de ocupación trasladáronse a cidade de El Aaiún, dando lugar a protestas masivas que foron duramente reprimidas polo exército e a policía marroquí, deixando ao menos 11 mortos e centenares de persoas feridas e detidas. As ultimas notícias falan de máis de 150 persoas desaparecidas durante os disturbios producidos nos últimos dous días.

A solidariedade internacional á resistencia saharauí non se fixo esperar e no día de hoxe foron chegando informacións de convocatorias de concentracións e actos de protesta que se van a celebrarse en diferentes pontos do estado español e da xeografía galega.

Dende AMARANTE Setem secundamos estas convocatorias e facemos un chamamento ao ao inmediato cese da represión contra a poboación saharauí; ao tempo en que reivindicamos o seu lexítimo dereito a autodeterminación.

A continuación reproducimos o comunicado  da Coordinadora Estatal de Asociaciones de Amistad y Solidaridad co con el Pueblo Saharaui (CEAS-SÁHARA) para a manifestación convocada para este sábado 13 de novembro en Madrid:

“Dende fai trinta e cinco anos, o exército marroquí ocupa un territorio, o Sáhara Occidental, que invadiu pola forza. O Rei de Marrocos négase a cumprir as Resolucións aprobadas pola ONU e pretende sinxelamente anexionarse o Sáhara Occidental.

O Estado español continua sendo responsable da traxedia e o sufrimento do pobo saharauí, hoxe separado por un muro que divide o seu territorio, sometido por unha parte á represión no Sahara ocupado por Marrocos, e por outra a condicións extremadamente duras nos campamentos de refuxiados.

A pasividade do Goberno español, a súa ambigüidade, o mirar cara a outro lado ante a violación dos dereitos humanos, estimula a Marrocos a seguir na súa posición intransixente, non aceptando a aplicación das Resolucións das Nacións Unidas e impoñendo condicións previas e inaceptables en próximas negociacións. O Goberno debe implicarse máis firmemente e liderar a procura dunha solución xusta e democrática que respecte o dereito á autodeterminación do Pobo Saharauí.

Tras dúas décadas desde o cesamento do fogo e de imposible aplicación do plan de paz polo bloqueo marroquí; despois de 35 anos de espera ás solucións diplomáticas, o Pobo Saharauí está a esgotar a súa paciencia, póndose en perigo a resolución pacífica do conflito. Ninguén quere que isto suceda, con todo, tampouco ninguén poderá facerlle responsable do que sería unha traxedia anunciada, tras anos de espera pacífica e confianza nas negociacións auspiciadas pola ONU.

A resistencia pacífica das e dos saharauís nos territorios ocupados por Marrocos, e o esforzo de supervivencia e cohesión nos campamentos de poboación refuxiada, demostran a súa determinación na loita pola independencia. Nós e nós estaremos ao seu lado.

Marrocos culpable, España responsable!. Referendo Xa!”

CONVOCATORIAS EN GALICIA: Martes 9 de novembro, 20:00 h.

PONTEVEDRA Subdelegación do Goberno Praza de España, s/n

A CORUÑA Delegación do Goberno Avda. da Mariña, 23

LUGO Subdelegación do Goberno Rúa Armanya, 10

OURENSE Subdelegación do Goberno Parque de San Lázaro, 1

FERROL Concello de Ferrol Praza de Armas, s/n

SANTIAGO DE COMPOSTELA Praza de Cervantes

VIGO Museo MARCO Rúa do Príncipe, 54

You may also like...