Este sábado toca trocar da man de Verdegaia!

Este sábado, viagra 27 de novembro das 11:30 as 13:30hs na Praza de Abastos, Verdegaia ofrécenos unha nova oportunidade para trocar aquelas cousas que andan pola casa e non precisamos, mais poden ser aínda útis para outras persoas, e viceversa.
trocoabastos
En colaboración coa asociación da Praza de Abastos de Compostela, Verdegaia convoca esta feira de troco todos os últimos sábados de cada mes no tradicional e sustentábel espazo do seu mercado.

A actividade vai callando e cada mes son máis as mulleres, homes, crianzas, familias… que se achegan á feira de troco na praza, na procura daqueles obxectos que lle fan avío, e pasar uns intres de lecer responsábel, curiosidade, e desconexión do consumismo devorador.

Máis informacións, horario e funcionamento:
Feira de troco na Praza de Abastos Compostela – Novembro 2010

You may also like...