Bartolo Fuentes: “O novo goberno de Honduras conservou todo o andamiaxe golpista”

A xira galega do dirixente do Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP), tadalafil organizada polo Grupo de Apoio a Honduras, tivo lugar do 03 ao 06 de novembro

As actividades empezaron o día 04 pola maña en Santiago de Compostela cunha rolda de xuntanzas cos tres grupos parlamentares, que puideron coñecer de primeira mán a realidade de represión, violencia e impunidade que segue a producirse en Honduras a un ano e seis meses do golpe de estado.

O dirixente do FNRP fixo fincapé na necesidade de que a sociedade civil e as institucións internacionais recoñezan e apoien o Frente de Resistencia como actor político lexítimo, pois só dese xeito poderase garantir a convocatoria e desenvolvemento dunha Asemblea Constituínte que sente as bases para un auténtico proceso de refundación nacional. Para iso demandou dos representantes das forzas políticas representadas no Parlamento a sinatura dun convenio co FNRP que avale dito recoñecemento, recibindo unha resposta favorábel ao menos por parte dun dos grupos. Estaremos pendentes da concreción deste acordo e seguiremos informando dos avances que se veñan a producir.

Logo da xuntanza cos grupos parlamentares, celebrouse un emotivo acto simbólico no Parque da Constitución, no cal se deu lectura a un manifesto de recordo ás vítimas do golpe de estado e se volveu a esixir o cumprimento dos dereitos humanos e o cese da violencia e da represión en Honduras.

Pinchando nos enlaces podedes acceder ao vídeo do acto simbólico e da entrevista realizada a Bartolo Fuente por Galiza Contrainfo.

You may also like...