Acción Urxente: Sous Chantha- Cambodia

Foto_de_Sous_ChanthaEsixe ás autoridades de Cambodia a liberación de Sous Chantha e a readmisión dos/as 800 folguistas despedidos/as. O 18 de Novembro, generic case o dirixente sindical Sous Chantha, clinic foi detido e acusado de tráfico de drogas. O sindicato de Cambodia C.Cawdu cre que o arresto é unha montaxe para pór fin á súa actividade sindical. Sous Chantha enfróntase a penas de cárcere de 2 a 5 anos

Actúa agora: Sous Chantha e o/as traballadore/as de Cambodia necesitan a túa axuda!

Envía unha carta ás autoridades de Cambodia, Goberno e patronal, reclamando a posta en liberdade de Sous Chantha.

Podes utilizar a carta que che propomos ou escribir a túa propia.

www.ropalimpia.org

AMARANTE Setem e a Campaña Roupa Limpa está fondamente preocupada pola seguridade e integridade das persoas tanto sindicalistas como líderes dos e das traballadoras en Cambodia. O 18 de novembro Sous Chantha, dirixente sindical de C.CAWDU (Coalición de Sindicatos Democráticos de Traballadores de Roupa de Cambodia) foi detido e acusado de tráfico de drogas. As probas sobre as que se sostén esta detención parecen ser unha montaxe co fin de pór fin ás súas actividades sindicais. Enfróntase a penas de cárcere de 2 a 5 anos.

O pasado mes de setembro C. CAWDU organizou unha folga en todo o país reivindicando salarios dignos o que deu lugar a despedimentos masivos dos membros do sindicato e decenas de casos legais presentados contra os dirixentes sindicais. A data de hoxe, 379 traballadores e traballadoras de 18 empresas aínda non foron readmitidos. As súas familias carecen doutros ingresos. Non poden pagar a comida, nin o aluguer da súa casa e corren o risco de ser expulsados das súas vivendas.

Por favor, actúa hoxe mesmo [engadir link para asinar carta protesta] e axúdanos a presionar ao Goberno de Cambodia para que libere inmediata e incondicionalmente a Sous Chantha.

Tamén estamonos dirixindo á patronal de Cambodia GMAC (Garment Manufacturer Association in Cambodia) para que readmita a todos os traballadores e líderes sindicais despedidos e con contratos suspendidos pagándoselles os seus salarios medios de maneira retroactiva. Así mesmo estamos a demandar a GMAC que estableza negociacións de boa fe cos traballadores.

Detido por unirse C. CAWDU

O dirixente sindical detido, Sous Chantha estivo traballando na fábrica the “United Apparel Garment” (chamada anteriormente “Lotus Garment”) en Phnom Penh durante o últimos catro anos. A fábrica en cuestión produce roupa principalmente para a marca GAP. Sous Chanta foi un dirixente sindical desde 2008 e representaba a aproximadamente 1000 trabajadore/as que inicialmente estaban afiliados ao sindicato IDUF (Independent Democratic Union Federation). O 17 de novembro, os membros do sindicato decidiron abandonar IDUF e cambiar a súa afiliación ao sindicato C.CAWDU.

O 18 de novembro, os dirixentes sindicais terminaban de realizar os trámites pertinentes para afiliarse a C.CAWDU. Pouco máis de 2 horas máis tarde, cando Sous Chanta abandonaba a fábrica na súa moto ás 18h a policía militar paroulle e gokautomaat online rexistrou. Dixeron que buscaban armas e a uns ladróns. Chantha mostrou os documentos da súa moto. Entón a policía militar continuou rexistrando a moto coa axuda dunha lanterna e afirmaron que había drogas entre o asento e o chasis da súa moto.

O sindicato C.CAWDU sospeita que se trata dunha montaxe para inculpar a Sous Chantha. Sous Chanta sempre adoitaba aparcar a súa moto lonxe do seu lugar de traballo sendo moi fácil que calquera metese as drogas sen levantar sospeitas. Sous Chantha nin sequera puido ver claramente o que a policía militar tiña nas mans cando afirmaron que se trataba de drogas. Todo isto ocorreu só dous días despois de unirse a C.CAWDU. Por último, é moi pouco probable que un traficante de droga viva coa súa familia nunha pequena habitación por un aluguer de 10 USD ao mes como vive Sous Chanta e a súa familia.

O informe policial afirma que ese día a policía organizara un control policial para rexistrar vehículos e persoas en busca de armas. Segundo o relato dos axentes, ?sospeitaron de Chantha cando lle viron pasar coa súa moto e paráronlle. Cando rexistraron a súa moto atoparon as drogas?. Con todo a Organización de Dereitos Humanos LICADHO [ver http://www.licadho-cambodia.org/] mantén que á hora da detención de Chantha non había ningún control policial na estrada.

Chantha foi levado á comisaría para ser interrogado. Alí informou os oficiais da policía militar que sospeitaba que fora detido por unirse ao sindicato C.CAWDU. O día despois da súa detención, Chantha foi trasladado aos xulgados municipais onde se lle interrogou. Ás portas dos xulgados congregouse un numeroso grupo de traballadores para esixir a liberación do seu líder. Agora está en detención preventiva por cargos de tráfico de drogas. LICADHO cre que non hai fundamento xurídico suficiente para esta detención.

Antecedentes da folga:

A folga durou 3 días, do 13 ao 16 de setembro, e recibiu o apoio masivo do/as traballadore/as. Tan só o último día, máis de 200.000 traballadores dunhas 90 fábricas uníronse á protesta. Os sindicatos puxeron fin á folga despois de que o Ministerio de Asuntos Sociais solicitou unha reunión cos dirixentes sindicais para discutir as súas demandas e os traballadores decidiron regresar ás súas fábricas. Con todo, cando se presentaron nas fábricas dous días despois, máis de 800 membros e dirixentes sindicais foron despedidos e debían enfrontarse a decenas de casos legais interpostos contra eles por participar na folga. Para máis información: http://www.ropalimpia.org/huelga_camboya

O que fixeron os empregadores contraveñen a Constitución e a lexislación laboral de Cambodia. Tamén violan os convenios da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre liberdade sindical e negociación colectiva. O goberno de Cambodia respondeu instando os empresarios a retirar os casos xudiciais e pedíndolles que regresen á mesa de negociación. Así mesmo, declarou que non permitiría despedimentos de traballadores. A principios de outubro, os tribunais ditaron unha orde obrigando aos empregadores a readmitir en 48 horas ao/as traballadore/as despedido/as e suspendido/as. As empresas negáronse a cumprir cos chamamentos do goberno e dos tribunais e, salvo algunhas excepcións, non permitiron aos e as traballadore/as regresar aos seus postos de traballo.

Dado que se produciron os despedimentos, a rede internacional Campaña Roupa Limpa estivo pedindo ás marcas internacionais que se fornecen nas fábricas afectadas que esixan aos seus provedores a readmisión incondicional e inmediata do/as traballadores e que lles exhorten a sentar a negociar cos sindicatos.

Algunhas marcas tomaron medidas neste sentido, pero aínda máis de 379 traballadores de 18 empresas seguen esperando a súa reincorporación. A CRL continúa presionando ás marcas internacionais para que adopten novas medidas. Así mesmo facemos un chamamento á influente patronal da industria de roupa, GMAC (Asociación do fabricante de pezas de vestir de Cambodia), para a readmisión inmediata e incondicional dos traballadore/as despedido/as, para que se lles paguen os salarios de maneira retroactiva e para que, dunha vez, senten a negociar de boa fe cos sindicatos.

You may also like...