Demanda ao futuro presidente de Inditex maior compromiso cos dereitos laborais en toda a produción

Primeiro paso: a readmisión das 300 traballadoras de Camboxa

Centos de traballadores de Camboxa que producen roupa para Zara, buy H&M e Gap, diagnosis despedidos por participar nunha folga por un salario digno, pharm seguen esperando xustiza

A Campaña Roupa Limpa  e AMARANTE Setem agardan que do20100915-cambodia2 futuro presidente de Inditex un maior compromiso cos dereitos laborais en toda a súa cadea de produción. Pablo Isla, que ata agora era o conselleiro delegado de Inditex e responsable de responder as preguntas e demandas da  Campaña Roupa Limpa nas súas Xuntas de Accionistas na que sempre mostrou boa vontade para o diálogo ten unha maior responsabilidade nese compromiso.

Un dos primeiros xestos que demandamos desa boa vontade é que garanta  a readmisión dos 318 traballadores e traballadoras que foron despedidos en Camboxa por participar na folga nacional para demandar un salario digno de 93 euros ao mes.

Todas esta persoas traballaban nas fábricas provedoras de Zara (grupo Inditex), H&M e Gap. Estas 3 marcas xuntas concentran a maior parte de volume de pedidos de roupa do país e, polo tanto, exercen un poder de negociación e incidencia sobre  os seus provedores.

Nos antecedentes están que en setembro casino online pasado 200.000 traballadores e traballadoras saíron á rúa para apoiar aos sindicatos nas negociacións por un salario mínimo. Como represalia máis de 300 persoas foron despedidas das fábricas de roupa onde traballaban para estas empresas internacionais citadas arriba. Desde entón, os esforzos para conseguir que sexan readmitidos non tiveron éxito a pesar da orde xudicial que ditaminaba á súa reincorporación e o pago dos seus salarios, e a pesar das mensaxes lanzadas polo Goberno de Camboxa para que se lles permita volver aos seus postos de traballo.

Despois de varios meses de negociacións e presións internas por parta da Campaña Roupa Limpa, sindicatos e outras organizacións, facemos público este chamado para que a cidadanía sexa sensible perante esta situación e envíe cartas a Inditex demandando que esixa as súas fábricas provedoras a readmisión do seus traballadores e traballadoras xa.

Actúa agora para apoiar aos máis de 300 traballadores e traballadoras de Camboxa que levan esperando máis de tres meses a ser readmitidos nos seus postos de traballo. A súa situación xa non é sostibe. Foron despedidos por participar na folga por un incremento do salario mínimo en setembro pasado.

———————————————————————-

Únete ao chamado internacional cara a Zara, H&M e Gap, quen se fornecen na maioría das fábricas involucradas, para esixir que se permita ao/as traballadore/as regresar aos seus postos de traballo inmediatamente pagándoselles unha indemnización polos últimos meses sen salario.

Podes enviar ti mesma unha carta a Inditex ou enviala a través da web da Campaña Roupa Limpa onde terás toda a información: www.ropalimpia.org

 

You may also like...