Resistencia expresa o seu rexeitamento á reforma constitucional en Honduras

O Fronte de Resistencia de Honduras emitiu un comunicado o último mércores no que rexeita a reforma constitucional aprobada polo Parlamento e anunciou protestas a 1 ano da asunción de Porfirio Lobo.

O texto sinala que coas modificacións ao artigo 5 da Carta Magna “téntase dar un rostro de apertura e democracia ao réxime de facto” de Porfirio Lobo.

Ademais, remedy cheap considera que os cambios á Constitución “dan unha aceptación total da ilegalidade do Golpe de estado contra o Goberno democrático do presidente Manuel Zelaya”.

hondurasresistenciapopular

O Fronte destacou que “a campaña propagandística que mostra as reformas como un éxito da participación oculta as restricións con que levarían a cabo as propostas do pobo”.

E agrega que tamén “omite as fraudes que poderán montar se se utiliza a mesma estrutura corrupta do Tribunal Supremo Electoral (TSE) para a consulta popular”.

Por iso, pills a organización indicou que seguirá loitando para establecer cambios verdadeiramente profundos baseados na vontade irrestricta do pobo. Afirmou que se trata de cambios ?que vaian máis aló de reformas ou vontades temporais que poidan ser revertidas pola mesma clase social que impuxo unha ditadura”.

A Resistencia esixe que se convoque a unha Asemblea Nacional Constituínte para elaborar unha nova Carta Magna e refundar o país.

Ao mesmo tempo, a Fronte anunciou que realizará protestas o próximo 27 de xaneiro no marco do primeiro aniversario do réxime de Porfirio Lobo Eslamiada, ao que considera a continuación do Golpe de estado.

A Resistencia mobilizarase para esixir o retorno de Manuel Zelaya Rosales, actual coordinador Xeral da Fronte, e polo respecto á soberanía nacional.

O Parlamento de Honduras aprobou o 12 de xaneiro unha reforma a varios artigos da Constitución. O cambio no artigo 5 permite a realización de referendos e plebiscitos sen restricións.

Isto deixa o camiño aberto para que poida haber reelección presidencial, o que prohibe a actual Constitución.

Fonte: Agencia PÚLSAR (AMARC ALC)

Comunicado_FNRP_19_xaneiro_2011.pdf


You may also like...