Amarante Setem e Verdegaia botan a andar a 2ª edición do ciclo de cine “Coñecer para Cambiar”

Desta volta as proxeccións centraranse nas consecuencias sociais e ambientais do modelo de desenvolvemento vixente e na necesidade de ir “Mudando o Rumo”deste sistema

O ciclo terá lugar tódolos xoves do 03 de febreiro ao 03 de marzo no local social que comparten ambas organizacións na Avda. Romero Donallo, sick nº 17 en Santiago de Compostela. As proxecións comezan ás 20:30hs e a entrada é gratuita ata completar o aforo (30 persoas).

Nesta segunda edición, search os documentais escollidos pretenden amosar as nefastas consecuencias sociais e ambientais acarreadas polo modelo de produción e consumo vixente, visibilizando ao mesmo tempo as experiencias de loita e resistencia encamiñadas a ir “Mudando o Rumo” dun sistema depredador co ambiente e cos dereitos humanos fundamentais.

 Imaxe_ciclo_de_cine_bici

 Programación Coñecer para Cambiar

 

Con esta actividade as organizacións implicadas pretenden abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais, empregando a linguaxe audiovisual como vehiculo de achegamento á esas realidades.

Como novedade, este ano o ciclo abrirase cunha sesión de proxeción de curtas que encarnan a temática plantexada para esta actividade de sensibilización. Así, os curtas “La tierra es nuestra” (4min32s), “África, ¿estás ahí?” (21min58s) e “Mujeres de Intag” (29min) amosaranos os impactos do modelo de desenvolvemento capitalista para comunidades e medio ambiente, e achegaranos á iniciativas de organización popular, proxectos de economía social e de aposta pola soberania alimentar.

O programa seguirá cunha ollada crítica á industria alimentaria en Norteamérica a través do documental “Food Inc” (Estados Unidos, 2008, 94 min), para logo coñecer da man de “Made in LA” (Estados Unidos, 2007, 72min) a historia de loita polo recoñecemento de dereitos laborais de traballadoras migrantes do sector textil.

O xoves 24 de febreiro, co documental “O poder da comunidade” (Cuba, Estados Unidos, 2006, 53min) toca aprender da experiencia cubana á hora de plantexar alternativas a unha realidade á que logo teremos que afrontar, como é a da escaseza de combustibles fósiles.

Para botar peche ao ciclo, escolleuse o documental “Amazonia: Masato o Petróleo” (España, 2009, 52min), que denuncia a conivencia entre o goberno peruano e os intereses das grandes empresas nacionais e transnacionais, e a loita por das comunidades labregas e indíxenas para poñer freo ao espolio dos seus recursos naturais e defender a súa dignidade.

Para combater o frio e estimular o debate, ofreceremos as persoas asistentes un chocolate de comercio xusto despois de cada proxección. Trae a túa cunca!

You may also like...