Este sábado hai troco na Praza de Abastos!

Verdegaia, view en colaboración coa praza de Abastos de  Compostela, purchase

organiza este sábado 29 o Mercadiño de Troco

 


Como en meses anteriores, prostate convidamos a virdes trocar aquelas cousas que tendes

pola casa e que xa non precisades, mais teñen aínda un valor que pode ser de interese
para outras persoas. Sempre hai cousas en bo uso para lle darmos unha nova acollida
na nosa casa e que nos poden facer un bo avío.  🙂

trocoabastos

 

O troco comeza ás 11:30 co tempo de entrega e exposición de xéneros. Pódense entregar
até tres obxectos polos que se recibirá cadanseu vale. Ás 13:00 cadaquén vai escollendo
o que máis lle interesa dos obxectos expostos por orde de sorteo. En calquera caso, e
dado que o que se pretende é propiciar un espazo libre de intercambio, tamén se aceptará
o troco bilateral entre asistentes, se así se dá a ocasión.

Verdegaia organiza esta actividade todos os últimos sábados de cada mes, neste
tradicional recinto de calidade e sustentabilidade que é a Praza de Abastos de Compostela.
Esta actividade encádrase dentro da campaña permanente de Verdegaia: Consomes ou
Devoras?

Máis informacións:
Feira de troco na Praza de Abastos Compostela – Xaneiro 2011
compostela@verdegaia.org

You may also like...