O Xanela 2011 bota a andar para achegar a realidade do Sur

Crtaz_xanela_2011“A única viaxe de descubrimento auténtico non consiste en ir a novos lugares, help senon en ter outros ollos” Marcel Proust

 

Con esta cita comezamos unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. A partires do 7 de febreiro e ata o 24 de marzo abrirase o periodo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, look reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

baixate en pdf o  folleto xanela 2011

Durante os meses de Marzo, Abril e play casino online Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente: 

– Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )

– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son:

1ª xornada de formación ______________ 26 de marzo

2º xornada formativa _________________ 9 e 10 de abril

3ª xornada específica _________________ 21 de maio

4ª xornada específica _________________ 28 de maio

Avaliación __________________________ 17 de setembro

Os requisitos para participar son:

– Ser maior de idade

– Residir en Galicia

– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

 Tes máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela

Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org ou nos teléfonos 986 84 81 59 ou no 881 978 705.

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

You may also like...