A CRL esixe a Versace, Armani e Diesel que abandonen a técnica do “sandblasting” na confección de vaqueiros, que deixa miles de vítimas nos países produtores

logo-firma-galegoA Campaña Roupa Limpa, pharmacy coordinada en Galicia por AMARANTE Setem, lanza a iniciativa “No Sandbalsting”, para a prohibición mundial desta técnica que consiste en desgastar os vaqueiros a través do chorro a presión de area que está provocando silicose e en casos graves a morte das persoas traballadoras.

A moda de vestir pantalóns vaqueiros desgastados está a custar vidas en países como Turquía, Bangladesh, China ou India, onde se produce a maior parte da roupa que vestimos. Esa aparencia de “desgastado” mediante a perigosa técnica do “sandblasting”, é un método moi barato para as grandes marcas, que non teñen en conta outro custo: o da saúde das persoas que confeccionan os vaqueiros, alén do planeta. Existen outros métodos para desgastar vaqueiros, pero non son tan baratos.

A CRL contactou con perto de 100 firmas de moda internacional máis importantes para solicitar a erradicación definitiva desta perigosa técnica. Pero moitas delas prefieren facer oídos xordos e priorizar os seus beneficios económicos. Tal é o caso de Dolce&Gabana, Armani, Repaly, Versace ou Diesel, que rexeitaron diálogo coa Campaña Roupa Limpa e non deron pasos para eliminar o “sandblasting” da súa cadea de confección.

Outras empezaron xa a dar pasos e se compremeteron a prohibir dita técnica en toda a súa cadea de producción. Entre elas as galegas Inditex e Adolfo Domínguez, ou as internacionais Levi-Strauss, C&A e H&M. No entanto, non informaron aínda de que medidas usarán para vixiar o cumprimento desta prohibición.

5.000 ENFERMOS, 46 MORTOS

Turquía é un dos países máis afectados por esta técnica. Foron os informes médicos procedentes daquel país quen relacionaron a produción de vaqueiros coa silicose, xa que, antes, aos traballadores afectados diagnosticábaselles, erroneamente, tuberculoses. Actualmente, estímase que preto de 5.000 empregados do “sandblasting” están afectados de silicose, unha enfermidade crónica que lles impide traballar e facer vida normal. Deles, polo menos 46 faleceron.

A técnica do desgastado ou sandblasting prohibiuse en Turquía en 2009. Desde entón, a produción deste tipo de vaqueiros aumentou noutros países como Bangladesh, China, Paquistán, India ou Siria. En Europa, o sandblasting prohibiuse en 1966, aínda que os países europeos seguen sendo os principais clientes destes vaqueiros “desgastados”.

A silicose é unha enfermidade profesional ocasionada polo sílice da area, moi coñecida na minería, pero aínda non recoñecida dentro da industria téxtil. Os mineiros tardan 20 anos en presentar esta enfermidade. Os traballadores do “sandblasting”, con todo, caen enfermos en só seis meses.

Por iso, a Campaña Roupa Limpa cre urxente que a OMS e a OIT inclúan o sector téxtil no seu Programa Internacional sobre a Eliminación da Silicose Mundial.

Accións

– Podes asinar ás nosas accións urxentes que a CRL está poñendo cara as distintas marcas.
– Pedir información nas tendas onde están estas marcas
– Faremos un seguimento a nivel internacional de todas estas empresas para manterte informada.
– Pediremos indemnizacións para as persoas traballadoras que contraían esta enfermidade
– Demandaremos ós gobernos nacionais onde se produce esta técnica para que a prohiban.

A Campaña habilitou unha web para actualizar e informar dos progresos acontecidos.
Pódese consultar en:

www.nosandblasting.org

You may also like...