Concerto de apoio a iniciativa Non Sandblasting

cartel_concertoA Campaña Roupa Limpa e AMARANTE Setem organizan unha serie de actividades e accións para solicitar o apoio da cidadanía galega e das persoas consumidoras para conseguir a prohibición mundial da técnica do “sandblasting” na produción de vaqueiros desgastados. Esta técnica que consiste en desgastar os vaqueiros a través do chorro a presión de area que está provocando silicose e en casos graves a morte das persoas traballadoras

A primieira actividade será o Concerto solidario en Vigo na Fábrica de Chocolate o próximo 18 de marzo cos grupos “Bandista” de Turquía, hospital grupo membro do Comité turco de apoio ós traballadores do sandblasting, e o grupo galego “La acustikasesina” cunha entrada de 3 euros. O concerto iniciará ás 21.30 horas

A moda de vestir pantalóns vaqueiros desgastados está a custar vidas en países como Turquía, Bangladesh, China ou India, onde se produce a maior parte da roupa que vestimos. Esa aparencia de “desgastado” mediante a perigosa técnica do “sandblasting”, é un método moi barato para as grandes marcas, que non teñen en conta outro custo: o da saúde das persoas que confeccionan os vaqueiros, alén do planeta. Existen outros métodos para desgastar vaqueiros, pero non son tan baratos.

Que a moda non nos afogue

Mais informacion:

www.nosandblasting.org

Información grupos de música:

http://www.myspace.com/bandistaz

VIDEO: http://www.youtube.com/watch?v=LaGIA8okcHA

www.myspace.com/lacustikasesina

VIDEO: http://www.youtube.com/watch?v=ES0_7j29IJA

You may also like...