Lanzamento da campaña”BANCA LIMPA.COM somos clientes, non cómplices”

As bombas de racimo fabricadas en España en 2007 e usadas por Gadafi para bombardear Misrata foron financiadas por Cajalón, treat for sale seek generic Caja España, click decease advice Caja Mediterráneo, prostate Bankinter, Ibercaja, Banco Popular, Banco Sabadell e La Caixa.

s_h21_12694260

14 bancos españois, entre os que destacan BBVA, Santander e Bankia, están implicados financeira e economicamente en 19 das principais empresas fabricantes de armas controvertidas que causan miles de mortes de civís en todo o mundo. Entre as armas destacan as PROHIBIDAS armas químicas, biolóxicas, as bombas de acimo e as minas antipersonas.

bomba-instalaza-ampliada-hr

A Federación SETEM da que forma parte AMARANTE confirmou esta mañá na presentación da súa nova campaña “Banca Limpa”, que as bombas de racimo MAT-120 fabricadas pola empresa española Instalaza en 2007 e usadas por Gadafi para bombardear Misrata en Libia, foron financiadas por polo menos 8 bancos españois: Cajalón (grupo Caixa Rural), Caja España, Caja Mediterráneo, Bankinter, Ibercaja, Banco Popular, Bando Sabadell e La Caixa.

Este foi o punto de partida para a presentación por primeira vez no Estado español do informe “Negocios Sucios. Bancos españois que financian armas controvertidas” que confirma que desde 2006 ata a actualidade, 14 bancos españois están implicados financeira e economicamente en 19 das principais empresas fabricantes de armas controvertidas e prohibidas que causan centos de miles de mortes de civís en todo o mundo. Entre esas armas hai armamento nuclear, de uranio empobrecido e armas prohibidas como as armas químicas, biolóxicas, as bombas de racimo e as minas antipersonas. Do informe destácase:

– BBVA é o banco español con maior actividade en financiamento de compañías produtoras de armas controvertidas. Os fondos de investimento xestionados por BBVA posúen accións de 12 compañías e bonos de 2 compañías. BBVA concedeu préstamos a slots online 8 compañías desde principios de 2006 e axudou a 3 compañías na emisión de bonos e a outra na emisión de accións.

Banco Santander ocupa o segundo lugar no financiamento a produtores de armas controvertidas, con fondos de investimento que posúen accións de 13 compañías, concedeu préstamos a 7 compañías e axudou a 3 empresas na emisión de bonos.

BANKIA (Banco Financeiro e de Aforros, entidade Central do SIP formado por Caixa Madrid, Bancaja, Caixa Segovia, Caixa Ávila, Caixa Rioxa, Caixa Laietana e Caixa Insular de Canarias) ten fondos de investimento que posúen accións de 8 produtores de armas controvertidas e concedeu un préstamo a un produtor de armas controvertidas.

Os outros bancos españois implicados na fabricación de armas controvertidas son: Banco Sabadell, Bankinter, BBK , Ibercaja, MAPFRE, Banco Madrid, Banco Popular, CatalunyaCaixa, Finanduero e Banca March.

O informe foi elaborado en exclusiva para a FEDERACION SETEM por Profundo e pódese descargar íntegro desde www.bancalimpia.com, sitio web desde o que calquera persoa pode informarse dos investimentos controvertidos que fai o seu banco, enviar unha carta solicitando que retire este apoio, difundir a información en redes sociais e apoiar económicamente a campaña.

informes:

  Informe Banca Limpa

  Investments of financial resumo

 

You may also like...