Día do Comercio Xusto 2011

Desexa que se siga a senda que en CPR iniciaron Ribadeo, hospital prescription prescription Boiro, rx store Boqueixón, find Teo e Ferrol

 AMARANTE Setem demanda das candidaturas ás eleccións municipais compromisos para avanzar na Compra Pública Responsable nos concellos

Fairtrade

 A ONG celebrara xunto con VERDEGAIA e o SLG a Semana Galega de Comercio Xusto entre o 10 e o 16 de xuño

Diante da celebración maña sábado 14 de maio do Día Internacional de Comercio Xusto e a súa coincidencia coa campaña das eleccións municipais, a asociación AMARANTE Setem quere facer un chamamento ás candidaturas que se presentan as mesmas para que adquiran un compromiso máis claro coa Compra Pública Responsable (CPR) de xeito que as corporacións municipais saídas das furnas o 24 de maio teñan un compromiso claro con diversos aspectos desta iniciativa e en particular coa incorporación de produtos de Comercio Xusto en subcontratacións, maquinas de vending ou agasallos que realizan, así como no traballo de sensibilización sobre estes temas.

A Compra Pública Responsable materializa o esforzo das Administracións para dotarse de mecanismos que lles aseguren que aseguran que as iniciativas de contratación ou subcontratación das administracións seguen criterios eticos coas persoas e sustentables co medio ambiente.

As administración publicas manexan na Unión Europea o 25% do total do PIB dos países, o cal supón unha inversión clave e ademais sirven de exemplo para as empresas e a cidadanía.

As administracións pódense converter en actores do desenvolvemento sostible a través das súas decisións de compra pública. A introdución de consideracións de Comercio Xusto, por exemplo, nos procedementos de contratación administrativa constitúe unha maneira eficiente de adoptar políticas públicas de consumo responsable.

O marco legal europeo da contratación pública permite a integración da variable social e medioambiental, a promoción e a integración dos produtos de comercio xusto e en xeral a compra pública responsable sempre que se respecten as regras establecidas polas directivas comunitarias e a lexislación propia.

A Compra Pública Responsable tivo un primeiro paso cando a Xunta de Galicia introduciu, a raiz do requerimento de AMARANTE Setem, o Comercio Xusto como criterio de subcontratacións desde o ano 2007. Varios concellos introduciron tamén produtos de Comercio Xusto e se desenvolve un traballo de sensibilización por medio do Fondo Galego de Cooperación e a FEGAMP, pero queda moito por facer e ademais a crise non pode ser unha escusa para dar pasos atrás.

Durante o presente ano AMARANTE Setem, xunto co grupo ecologista VERDEGAIA, esta a presentar unha moción de impulso a CPR nos concellos que ata o de agora so foi aprobada polos plenos de Ribadeo, Boiro, Teo, Ferrol e Boqueixon.

Seria desexable e imprescindible que nesta nova lexislatura aprobarana novos concellos e a implementaran en todos.

Por outra banda a SEMANA GALEGA DE COMERCIO XUSTO que AMARANTE Setem celebra todolos anos, xunto co SINDICATO LABREGO GALEGO, VERDEGAIA e grupos de Consumo Responsable vai celebrarse entre o 10 e o 16 de xuño.

Durante a mesma analizaranse varios aspectos relacionados cos Tratados de Libre Comercio e as políticas de privatización dos recursos naturais, coma dous elementos claves na ofensiva capitalista e de aumento das desigualdades humanas  e desequilibrios territoriais no planeta.

Durante a mesma visitará Galicia a deseñadora  e investigadora de simboloxía Maya Georgina Molina Terreros e integrante da organización Kinal Antzetik que colabora coa Cooperativa do Textil Mayaetik (1)

(1)    A cooperativa téxtil Jolom Mayaetik http://cooperativajolom.blogspot.com/  esta formada por mais de 250 mulleres artesás do téxtil.  A esta cooperativa lévaa anos acompañando e apoiando a organización local Kinal Antzetik http://kinal.org.mx/  que naceu a partir da asesoría á cooperativa de mulleres artesás  JoPas Joloviletik, que á súa vez dió orixe á cooperativa Jolom Mayaetik.

Moitas mulleres que forman parte de Jolom, que son texedoras artesás forman tamén parte de Kinal, pero como veredes nos links que vos puxen en Kinal, non só se traballa no apoio ao proceso da  cooperativa e o tema de comercialización dos seus produtos, senón: empoderamento mulleres, saúde integral das mulleres, recuperacion saberes populares, etc.

You may also like...