Nova actividade sobre Finanzas Éticas en AMARANTE Pontevedra: “Unha economía para o desenvolvemento”

doctor helvetica, sales sans-serif;”>Este evento consiste no visionado de dúas curtas documentais sobre economías solidarias, experiencias e boas prácticas en Galicia, seguidas dun espazo de reflexión e debate que será dinamizado polo persoal de ACSUR e Coop57.

Con esta campaña preténdese concienciar ás personas consumidoras sobre o seu papel activo como axentes de desenvolvemento, dándolles a coñecer prácticas económicas máis positivas e respetuosas co entorno e as persoas, como son o Comercio Xusto, a Banca e Aforro Ético, ou o Consumo Responsable, que buscan promover o desenvolvemento das sociedades dun xeito mais xusto e equilibrado…

2011_lecture_poster2

SINOPSE dos documentais:

Minar (12 minutos): Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e, ao seu pé, atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, …). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.

 Sempre foron cinco (15 minutos): Fantástica homenaxe ás avóas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas, que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural, para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

O lugar de celebración é o local de Amarante en Pontevedra (Rúa San Román, 9), o xoves 26 de Maio ás 19:00 horas

You may also like...