AMARANTE Setem apoia as mobilizacións da Plataforma Democracia real, Xa!

A gobernanza do mundo non a poden decidir a banca e as multinacionais

15_m

AMARANTE Setem leva tempo vertebrando redes e iniciativas con outras forzas sociais e colectivos para denunciar o poder totalitario que os bancos e as grandes multinacionais teñen no planeta provocando desigualdades humanas enormes, cialis ensanchando as diferenzas Norte-Sur e situando a unha boa parte do planeta na pobreza.

Este dominio tamén ten efectos no medio ambiente e sobre os ecosistemas agravando os desequilibrios territoriais e pondo ao planeta ao borde do colapso ecolóxico.

Ademais, sovaldi sale este best casino online modelo neoliberal sustentado nun consumo irresponsable vímolo denunciando con campañas de consumo responsable como Banca Limpa ou Campaña Roupa Limpa.

O feito de que sexan os grandes oligopolios os que por medio de clubs internacionais ao seu servizo coma o FMI, Banco Mundial ou a OMC, decidan as políticas económicas e sociais a seguir valeira de contido os actuais modelos democráticos.

AMARANTE Setem non entra a valorar as propostas que desde as diferentes concentracións se fagan pero comparte o espírito de indignación e rebeldía impulsada polas mesma que conecta como movemento altermundista (outro mundo é posible!)

You may also like...