A Semana Galega de Comercio Xusto centrarase nos TLCx e na privatizacións dos servizos e recursos

Cartaz_sgcx_br

Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto que, sildenafil chegada a súa XI edición, mind estará centrada este ano nos Tratados de Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as políticas neoliberais están a impoñer.

Un ano máis a iniciativa impulsada por AMARANTE Setem conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e de Verdegaia a nivel xeral e con outros grupos en cada localidade

XIRA DE GEORGINA MOLINA

A Semana Galega de Comercio Xusto conta coa presenza dunha cooperativista de Chiapas (México), Georgina Molina especialista en temas de saúde e con moito coñecemento sobre o problema do feminicidio na rexión.

 

Georgina Molina é membro da cooperativa de textil Jolom Mayaetik de Chiapas que traballa na recuperación da simboloxía Maia no vestir.

Georgina Molina ofrecera duas conferencias durante a súa estancia en Galicia:

Martes 14 xuño ás 20,00 h. no local de Amarante (Pontevedra)

– Xoves 16 xuño ás 20,00 h. na Casa das Letras (Ribadeo)

Ademais de participar na mesa redonda que se celebrará o mercores 15 ás 19,00 horas na  Biblioteca Anxel Casal (Santiago de Compostela) e na que intervirán:

– Nanda Couñago. Amarante (modera)

– Xan Duro. Verdegaia

– Ivan Forero. Plataforma Justicia por Colombia

– Georgina Molina. Jolom Mayaetik-Chiapas

– Lidia Senra. SLG

O achegamento á realidade de Chiapas complementase coa exposición ‘MULLERES MAIAS: TECENDO A SÚA HISTORIA’ que se poderá visitar en horario de tarde no Hotel ARAGUANEY de Santiago de Compostela entre o 10 e o 15 de xuño.

Nesta exposición a cooperativa téxtil Jolom Mayaetik e Kinal Antzetik de  Chiapas achéganos á vida das mulleres indíxenas a través 20 pezas artísticas, fotografías das súas  autoras e o significado Maia dos símbolos que bordan.

MERCADO TRANSPARENTE

Outra actividade central da Semana Galega de Comercio Xusto serán a realización de Mercados Transparentes nos que se pretende sensibilizar á poboación das diferenzas dos prezos en orixe que se lle paga ás produtoras e finais, aos que as consumidoras os mercan.

Nesa acción de rúa estarán presentes produtores locais, haberá comercio xusto, mercados de troco, contacontos e outras actividades.

Participan nel AMARANTE Setem, Verdegaia e o SLG, xunto con a Cooperativa de Consumo A Gradicela en Pontevedra, o Mercado de Fusco Lusco en Santiago de Compostela, Fiare en Vigo ou a Asociación Veciños O Teson, a Finca As Fádegas e La Casa Azul en Ribadeo.

O Mercado transparente se celebrará:

Sábado 11 de xuño de 11,00 a 14,00 horas:

En Pontevedra na Praza da Peregrina

En Santiago na Praza do Toural

En Vigo na Praza da Constitución

Sábado 18 de xuño de 18,00 a 20,00 horas:

En Ribadeo na Casa das Letras

En Ourense na Casa da Xuventude

+ ACTIVIDADES

En Ribadeo celebrarase o sábado 18 ás 20,00 horas na Casa das Letras de Ribadeo unha mesa redonda na que intervirán representantes de:

–     Concello de Ribadeo

–          Asociación Veciños O Teson

–          Finca As Fádegas

–          La Casa Azul

–          Sindicato Labrego Galego

–          AMARANTE Setem

No Local Social de AMARANTE Setem en Pontevedra durante todo o mes de xuño poderase contemplar a EXPOSICIÓN: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO sobre a realidade da Fundación Maquita en Ecuador. Exposición realizada pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios ( AGARESO )

Todalas actividades contan coa colaboración da AECID e da Subdirección Xeral de Cooperación da xunta de Galicia.

You may also like...