Actividades en Pontevedra na SEMANA GALEGA DE COMERCIO XUSTO

Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto que, chegada a súa XI edición, estará centrada este ano nos “Tratados de Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos” que as políticas neoliberais están a impoñer.

As principais actividades que se van realizar neste festivo mes son:

– EXPOSICIÓN: ‘OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO’.

No Local de AMARANTE Setem en Pontevedra (Rúa San Román, 9).A partir do 10 de xuño, en horario de 11,00 a 13,30 horas e de 17,00 a 20,00 horas de luns a venres

Exposición fotográfica sobre a realidade da Fundación Maquita en Ecuador, que logrou conxugar o cultivo sostible, a manufactura e a comercialización, sen olvidarse da peza clave do engranaxe: o campesiño e a súa cooperativa.

Exposición realizada pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios ( AGARESO )

– MERCADO TRANSPARENTE

Praza da Peregrina. Sábado 11 de xuño de 11,00 a 14,00 horas.Outra actividade central da Semana Galega de Comercio Xusto será a realización de Mercados Transparentes, nos que se pretende sensibilizar á poboación das diferenzas dos prezos en orixe que se lle paga ás produtoras e finais, aos que as consumidoras os mercan. Nesa acción de rúa estarán presentes produtores locais, e haberá venta e degustación de productos de Comercio Xusto, mercado de troco, charlas, contacontos e outras actividades.

– XIRA DE GEORGINA MOLINA e YOLANDA CASTRO

CHARLA “ Cooperativa Kinal Antzetik: o seu traballo sobre a simboloxía maia na canle do Comercio Xusto e as súas repercusión sociais”

 No Local Social de AMARANTE Setem en Pontevedra. Martes 14 de xuño ás 20,00 horas. A Semana Galega de Comercio Xusto conta coa presenza de dúas cooperativistas de Chiapas (México), Georgina Molina e Yolanda  Castro, especialistas en temas de saúde e na transcendencia da súa privatización, e con un profundo coñecemento sobre o problema do feminicidio na rexión.

Ambas son membros da cooperativa de textil Kinal Antzetik de Chiapas, que traballa na recuperación dos símbolos Maias no vestir, tema sobre o que desenvolverán parte da súa charla e do que traerán mostras da súa producción para mostra e venda (bolsos, roupa, teas…).

– DOCUMENTAL: “A NOVA ALDEA (Galicia)” Local de Amarante Pontevedra. Xoves 17, 19:00h . Posterior CHARLA de “O Pisco” (Horta e xardinería ecolóxica), que falará sobre temas de ecoloxía: canles de producción e distribución do comercio tradicional e ecolóxico, prezos dos productos, cooperativas de consumo locais… etc

SINOPSE: “A nova aldea” / Duración: 58 minutos / Idioma: Galego: ‘A Nova Aldea’ é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego, que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición.Albisca posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día e cunha dignidade social e económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.

Se queres coñecer con máis detalle tódalas actividades que Amarante vai desenvolver durante o mes de Xuño,  aquí podes ver o seu Boletín mensual de Actividades.

 

You may also like...